• 4 diciembre, 2024 07:18

www.Gzrally.com

La Web del Motor Gallego

Marcos Rodríguez-Aaron Castrodá vencen entre os debutantes no Rallye do Cocido

Mar 17, 2010
   Vitoria do piloto da Miño-Lugo na súa primeira participación no Trofeo Curuxarallye Pistón-Cup

Treitos complicados, nuns casos estreitos e rotos, noutros moi rápidos; a climatoloxía imprevisible (fixo sol, choveu e chegou a sarabiar), temperaturas frías durante case todo o día… anque pareza que estamos a falar dun rallye de supervivencia, estamos a falar da décimo sexta edición do rallye do Cocido, que cos seus 110 kilómetros cronometrados, foi tan duro como de costume. Tan é así que dos 114 pilotos inscritos tan só 62 deron rematado a proba que cada ano organiza a Escudería Lalín Deza.

Dos once debutantes que estaba na saída, lucindo as cores do Trofeo Curuxarallye e máis do patrocinador do Certame, a Escola Infantil de Karting Pistón-Cup,  so tres deron rematado a carreira.
O máis rápido foi Marcos Rodríguez Paz, a bordo dun Volkswagen Golf Gti. “Estamos na meta, anque nos quedou claro que este é un deporte máis de resitencia que de velocidade: pola mañá romperon os espárragos das rodas, o que nos obrigou a ir moi amodo. Ademais saímos cunha suspensión nova que non puidemos probar.”  Pouquiño a pouco foron pasando os treitos e deron chegado á meta que foi “sen dúbida o mellor momento do día. Agora estamos preparando todo para o próximo rallye, o de Noia”

 José R. Domínguez tivo saíu ó Cocido “con moita máis cabeza que ó Ulloa. Sabiamos que podiamos ir moito máis rápido, pero o golpe que sufrimos no anterior rallye fíxonos correr con tino e chegar á meta con cautela.” Puideron facer unha segunda sección cómodos, anque a partir de aí “chegou o gran problema: fallaba a bomba de gasolina, polo que non podiamos correr comodamente”. Neste rallye este equipo descubriu a solidaridade e compañeirismo que hai neste deporte xa que “Pontenova (Marcos Rodríguez Rivas) deixounos unha bomba de gasolina. Desde logo, se non fose por el non poderiamos rematar. Por iso queremos agradecerlle o seu xesto”

O terceiro e último piloto que deu rematado a proba foi Iván Piñeiro, a bordo dun Peugeot 106 e copilotado por Ricardo Lires. “A nosa carreira foi un auténtico calvario, un desastre de principio a fin” Nos primeiros treitos da mañá correron cun palier defectuoso, o que lles fixo perder moitos segundos en cada unha das especiais cronometradas. “Na segunda sección, cando amañaramos o problema anterior, quedámonos sen segunda e sen cuarta. Cando, despois da asistencia, pensabamos poder correr sen problema, un fallo na pinza de freno traseira dereita fixo que a condución se volvese moi crítica”. Entre risas, aseguraba “cando pensabamos que xa nada podía ir peor, o coche non quixo arrancar para entrar no último control, polo que o meu copiloto tivo que sacar forzas de fraqueza para poder entrar no Parque Pechado”. Este equipo estará na saída do próximo rallye, no que correrán en casa: o Rallye de Noia.

Peor ca estes tivérono o resto de participantes, coma o gañador na Ulloa, Pedro Villar, sufriu unha “saída de vía sen consecuencias mecánicas, pero nun sitio no que non había público que nos axudase a volver á carreira”; ou coma Sergio Tabeayo, que sufriu unha golpe por ter saído a un tramo coas rodas moi frías, “golpeamos o radiador, o que nos obrigou ó abandono”. Máis serio foi o golpe de Luis Pérez Costas, que golpearon moi forte contra un muro, “o accidente, ademais de obrigarnos a facer unha revisión médica no hospital o mesmo día da carreira, obríganos a facer moitos números, para poder saír no Rallye Ría da Noia”

En Noia, os próximos 17 e 18 de abril, disputarase a 26ª edición do xa clásico Rallye de Noia. Esta será a terceira proba puntuable para esta Copa de Promoción reservada para os pilotos debutantes no 2010, que organiza Curuxarallye, co apoio da Escola Infantil de Karting Pistón-Cup, Anviar SL, a PTC-Escuela e Grafiideas.

Foto: Comunicado de Prensa