• 18 abril, 2024 02:34

Crónica ·· XVI Rali do Cocido, seguimos mellorando

Mar 15, 2010
   Sacar unha proba automovilística adiante non é fácil nos días que corren, menos nunha vila pequena coma é Lalín, pero co esforzo de moita xente conseguese sacar adiante unha proba que dende hai anos está asentada no Campionato Galego de Rallyes.
Gracias á colaboración das distintas institucións, concellos (Lalín, Agolada, Rodeiro), Bombeiros, Ambulancias, Voluntarios, Escuderías (Berberecho, Surco, Charly Romeo), Sponsors…, e o traballo incansable dos membros da Esc. Lalín-Deza esta proba pasa páxina para en breve comezar a traballar no XVII Rali do Cocido.

A seguridade é cousa de todos.
Inspirados na Seguridade que presentan os Rallyes do campionato de España de Rallyes que se disputan en Galicia, que ademáis son os mellores da nación, e aínda que os medios dos que dispón a Escudería Lalín-Deza, así como a experiencia é menor fronte ás escuderías Rias Baixas, Ourense e Ferrol; para esta edición decidese implantar varias zonas de espectáculo en cada treito para así repartir á afición e ter un maior control neses puntos.

Os resultados desta idea son óptimos, xa que o control foi moito maior que edicións anteriores, e pulindo uns detalles, trataremos de seguir mellorando en vindeiras edicións.

Cabe resaltar, e en palabras do Xefe de Seguridade do XVI Rali do Cocido, Álex Moure: “A mentalidade da afición cambiou. En lugares puntuais tivemos que pedir a colaboración de moitos aficionados que se colocaran en lugares máis seguros, sendo a maioría das veces unha resposta afirmativa e axudándonos. Anos atrás cando te detiñas nunha zona na que había xente mal ubicada o primeiro que che dedicaban era unha sonora pitada. Amén disto resaltar a colaboración das Forzas do Orde que estiveron todo o día botándonos unha man alí onde o precisamos”.

O XVI Rali do Cocido, Rali longo, duro e disputado ata o último metro.

A décimosexta edición do Rali do Cocido xa forma parte do pasado da historia dos Ralis en Galicia.

Un ano máis a proba levada a cabo pola Escudería Lalín-Deza, resultou dura dende o inicio debido á dificultade dos treitos e a unha climatoloxía cambiante que o que fixo foi, se cabe, darlle maior emoción a un Rali do que non se soubo o nome do gañador ata o último treito.

1º sección:
Nunha maña xélida arrancaba o treito de Monte do Faro, recortado por motivos de seguridade, no que Alberto Meira mostraba que o visto semanas antes no III Rali Comarca da Ulloa tería continuidade nas Terras do Deza. Por detrás de Alberto situabanse Iván Ares, Bamarti, Vilariño e Blach.

Trala primeira pasada de O Couto, a clasificación sofre cambios na cabeza xa que Bamarti consegue un espectacular Scratch que o fai líder cunha marxe de 7 segundos sobre Ares e 10 sobre Meira.

A estas alturas cabe destacar o abandono de Roberto Blach por un pequeno golpe na roda dianteira dereita do seu espectacula Skoda Fabia WRC.

2º sección:

Cun leve retraso debido a un golpe no treito B1, comezan as segundas pasadas a Monte do Faro, O Couto e o novo treito de Castro.

A neve fai presencia na saída de Monte do Faro 2, e Iván Ares marca Scratch, seguido moi de preto por Meira.

Posteriormente Bamarti dá un golpe ó Rali cun espectacular crono en O Couto 2 que parece lle dará unha boa vantaxe na xeral. Meira rompe palier no salto de Gresande.

Para rematar a segunda sección, unha nova sorpresa, Martín Bello consegue o scratch en Castro 1, moi seguido de Luís Vilariño a bordo do seu espectacular Renault Maxi Megane.

Tralo remate da primeira metade do Rali pódese apreciar a igualdade, xa que tras 5 treitos cronometrados, catro gañadores diferentes o que indica a igualdade. Asimesmo pode comprobarse que o Rali non favorece a ningún tipo de coche, xa que somentes 2 Scratch son para os 4X4 (Meira, Ares) mentres que 3 Scratch son para vehículos tracción dianteira. (Bamarti (2),e Martín Bello).

3ª sección:

A terceira sección, a máis longa do Rali, será a que á postre marque o desenlace do Rali.

O Scratch en Lebozán 1, que conta cunha baixada delicadísima que pon a proba as mans de cada un dos participantes, lévao un Alberto Meira que sen arriscar demasiado cun ritmo forte e constante consegue un espectacular crono, aventaxando en 13 segundos a Luís Vilariño, sendo terceiro o retornado Fernando Rico a máis de 25. Gran crono neste treito de Javier Ramos, na súa primeira carreira a bordo dun Mitsubishi Lance EVO X, marca o 5º mellor crono a escasos 2 segundos de Ivan Ares.

A segunda pasada por un complicado Castro (debido á presencia de Choiva) sirve que a parella Meira-Bañobre marquen de novo Scratch por escasa marxe sobre Ares-Pintor.

Ventosa era a novidade deste XVI Rali do Cocido, un treito que pola súa sinusoidade, anchura e asfalto é ideal para o paso dos vehículos Kit Car. Nesta cronometrada que remataba en Terras Agolenses, un Bamarti ó ataque recorta dunha estacada 9 segundos a Alberto Meira, que fai que o piloto da escudería Estradense entre de novo pola loita do Rali.

4ª sección:

Loita a tres bandas para tentar facerse coa victoria na edición máis disputada da Historia do Rali do Cocido.

Alberto Meira, Iván Ares e Bamarti eran os candidatos. A noite era a protagonista, faltaban 26 quilómetros cronometrados, (dos cales somentes a subida dende Lebozán ata o Espiño presentaba algunha zona de humidades), o resto completamente seco.

Bamarti marca Scratch en Lebozán 2 avantaxando en 7 segundos a Iván Ares (incrible o tempo de Iván, que perdeu a parrila de faros nesta especial e debía disputar a última cronometrada do Rali sen ela) e en algo máis de 11 a Alberto Meira. Un Alberto Meira que sale a aguantar a sua ventaxa na xeral.

Bamarti a por todas en Ventosa 2, onde marca outro Scratch pero que é insuficiente para recuperar a desvantaxa na Xeral con Alberto Meira, que por primeira vez escribe o seu nome no palmarés do Rali do Cocido, sucedendo precisamente a Bamarti.

Un final de Rali de infarto, semellando o desenlace do Rali de Portugal de 1998, no que Colin Mc Rae lle gañara a partida a Carlos Sainz por unha renta de 2 segundos.

Iván Ares, con moitos problemas de visibilidade en Ventosa 2, ocupaba o terceiro escalón do podio.

Por detrás Luís Vilariño, Fernando Rico e Javier Ramos completaban os 6 primeiros clasificados.

As copas:
Alberto Meira acompañado de Álvaro Bañobre, a bordo do Mitsubishi Lance EVO X, vencen na Top Ten Driver Pirelli. Segundos clasificados serían os irmáns Pais (tras moitos problemas e non poder acudir no seu propio vehículo), sendo 3º Yago Varela que tamén sufriu algún que outro contratempo.

Martín Bello e Alberto Bello, co seu Citroën C2, conseguen a 2ª victoria da tempada no Volante Racc. Por detrás Fran Lago e Daniel Castro foron segundos. Ocupando o terceiro
posto Marcos Rodríguez “Pontenova” acompañado por Diego Cedrón.

O lalinense Álvaro Méndez, acompañado por Santi de Laro, cun Peugeot 106 GTI, foron os flamantes gañadores da Copa Kumho, sendo tamén os primeiros da Kumho Junior. Por detrás Carlos Rubén “Charly” Guerreiro– Luís Guerreiro foron segundos; ocupando a terceira posición o equipo Ourensán formado por David Figueiredo-Alberto Rodríguez.

Marcos Rodríguez Paz e Aarón Castrodá, a bordo dun Volkswagen Golf saíron vistoriosos na Copa Curaxarallye. Amancio Veiga-Patricia Rozados ocuparon a segunda posición, sendo terceiros José Ramón Domínguez-Santi Salgueiro a bordo dun Citroën Saxo.