• 20 mayo, 2024 23:09

www.Gzrally.com

La Web del Motor Gallego

Amancio Veiga colleita a súa primeira vitoria no trofeo dos debutantes.

Sep 7, 2010
   O tempo marcado polo piloto da escudería Gonzasport dá boa mostra da súa progresión nesta tempada. Marcou scratch en sete dos nove tramos, acabando na 31º posición da xeral, e 5º da súa clase.

Peor lle foron as cousas a Pedro Villar. A pesar de marcar o mellor tempo no primeiro tramo, o seu BMW sufriu un problema mecánico na primeira pasada por Begonte que a piques estivo de obligalo abandonar. Pese a todo deu solventado, non sen perder seis minutos, co quedaba descartado para loitar pola vitoria.

Quen mellor puido aguantar o ritmo imposto por Veiga, foi Borja Vila. A pesar de que o seu Clio sufriu bastantes problemas mecánicos, o piloto de Perbes rodou 5 décimas por kilómetro máis lento, chegando ó último tramo cunha cómoda segunda posición, a 52 segundos do líder e case 3 minutos por riba do terceiro clasificado, Luis Pérez. Pero en Adai, o último treito, a mecánica do Renault dixo basta e tivo que retirase por avaría.

Deste xeito ademais de Pérez, subía o pódium Denis Rodríguez. Tras eles Pedro Villar, Juan Carlos Pampillón e Pablo López. Dos 10 participantes inscritos só eles 6 foron capaces de completar o esixente percorrido da proba.