Luis Vilariño e Moncho López cáense do podio… unha vez rematado o rallye.

O piloto de Palas de Rei amosábase disconforme co cronometraxe do XV Rallye do Albariño, terceira cita do Galego de rallyes.

En terras do Salnés disputábase a decimoquinta edición do esta proba, coa que climatoloxía se amosaba especialmente adversa. A choiva deixaba moi esvaradizos os tramos, propiciando numerosas incidencias, e en elo non sería unha excepción o propio Vilariño, que tiña unha pequena excursión fóra do asfalto no cuarto tramo.

Vilariño explicaba a metade de rallye que "En Moraña, ó chegar a unha curva a dereita na que minutos antes xa se saíra Manuel Senra, atopeime que respecto á anterior pasada agora estaba cheoa de barro, o que me levou á sairme da calzada quedando o coche atascado, precisando axúda dos espectadores para saír e perdendo uns dous minutos e medio. Agora estamos calculando o tempo que precisamos recuperar pola tarde para  clasifica-lo máis arriba posible."

O piloto patrocinado por "Antalsis", "Madeiras Gómez Se oren" e "Grupo SCR" iniciaba así a súa remontada, favorecido polo cese da choiva e que o asfalto estivese seco na segunda metade de carreira, pasando á terceira praza a disputa das primeiras especiais vespertinas. Na chegada do rallye Vilariño declaraba que "Nos últimos tramos incluso empeoramos os cronos da primeira pasada, pois non precisabamos arriscar para mante-la nosa terceira posición fronte a Paz e Gómez". Sen embargo a clasificación final otorgaba ó lucense vintecinco segundos extra sobre os seus cronos nos tramos matutinos: "Hai bastantes pilotos que protestaron por anomalías no cronometraxe, así como outros que non o fixeron por verse favorecidos. Persoalmente estou bastante enfadado porque me arrebataron un podio, aínda que ó marxe deste aspecto organizativo estou satisfeito por estar na chegada nunha carreira moi complicada, así como pola actuación do meu equipo. Ó fin e ó cabo, pouco podo facer salvo queixarme."

Sobre Ruben 4477 Artículos
Webmaster de www.Gzrally.com desde 2003. Apasionado del motor y la fotografía.

Sé el primero en comentar

Deja un comentario