José María Magdaleno espera desquitarse dos problemas de Trassierra

O piloto de Escudería Ourense afronta durante o fin de semana a Suba Coiro Lexítimo en Ubrique
Este fin de semana celébrase na andaluza localidade de Ubrique a segunda las cita do Campionato de España de Montaña 2006, certame que nesta ocasión conta coa presenza do equipo de Escudería Ourense formado por Xosé María Martinez Magdaleno e o seu Mitsubishi Lancer Evo VII. Cíta andaluza, como tódalas do certame, dispútase a dúas xornadas, sendo a Fase A durante o sábado 1 de abril e a Fase B en

a xornada dominical.

Xosé María Magdaleno acode á Suba Coiro Lexítimo – Ubrique coa esperanza de se desquitar do resultado conseguido na pasada Suba a Trassierra onde os problemas do turbo do Lancer relegáronlle a a sétima praza.

O piloto galego conta no seu palmarés con oito títulos de Galicia en Grupo N, o Campionato Astur-Galaico de Montaña en dúas ocasións, así como o Campionato de España de Montaña de Grupo N en 1998 e o título de Campión de Turismos A cita de Campións dos anos 2000 e 2001.

Sobre Ruben 4439 Artículos
Webmaster de www.Gzrally.com desde 2003. Apasionado del motor y la fotografía.

Sé el primero en comentar

Deja un comentario