O Autocross de Carballo reunirá os millores pilotos

III Autocross Carballo

III Autocross CarballoDespois dos traballos de mellora do firme realizados nas últimas semanas, o circuíto de Carballo está listo para unha nova temporada do Campionato Galego de Autocross. Este sábado, día 30, a instalación municipal acollerá a primeira carreira do ano, organizada pola Escudaría Máis Motor coa colaboración do Concello de Carballo. Onte pechouse o prazo de inscrición, e un ano máis mantense o listón cun total de 74 participantes, entre os cales figuran os mellores pilotos galegos.

O municipal de Carballo, que regresou a pasada temporada ao calendario do Campionato Galego, conseguiu situarse en tan só un ano como un dos circuítos de referencia tanto para os pilotos coma para os afeccionados ao autocross. Na carreira do sábado participarán os mellores condutores e os mellores vehículos de -1.600 (17 inscritos), +1.600 (18), 4×4 (9) e carcross, que é a categoría máis espectacular e tamén a máis numerosa cun total de 30 inscritos. O regulamento completo está dispoñible tamén en www.maismotor.es. A xornada do día 30 comezará ás 10.00 horas coas verificacións; ás 12.00 serán os adestramentos; ás 15.30, as semifinais, e ás 17.30, as finais.

O alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, destacou na presentación da proba a importancia de que o circuíto municipal manteña a súa actividade. “Apostamos polo motor, a o importante era poñelo en servizo porque levaba moitos anos pechado e había moita demanda”, manifestou. Evencio Ferrero asegurou que o goberno municipal vén “actuando dende o primeiro momento” para ir introducindo cada ano melloras nas instalacións, e expresou o seu compromiso de seguir atendendo as peticións de entidades coma a Escudaría Máis Motor, que están a dinamizar o circuíto con probas como as dúas do Campionato Galego que se celebraron o ano pasado e que tamén haberá nesta temporada.

Acerca de Ruben 5468 Articles
Webmaster de www.Gzrally.com desde 2003. Apasionado del motor y la fotografía.

Be the first to comment

Leave a Reply

Tu dirección de correo no será publicada.


*


Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.