• 14 diciembre, 2024 02:00

www.Gzrally.com

La Web del Motor Gallego

Ninfas Team No Rally do Cocido

Mar 31, 2006
Comeza unha nova temporada do Campeonato de Galicia de Rallyes, e o NINFAS TEAM acode á

primeira cita dun ano que se presenta altamente competitivo no noso certamen autonómico. Cun novo Mitsubishi Lancer Evo IX, do preparador RMC Sport, "Chelís" Gómez e Marcos Mares agardan da temporada que comeza en Lalín o poder loitar polos postos de podium do galego 2006, sendo conscientes do difícil que será cumprir ese obxectivo ante o plantel de equipos que estarán presentes na cita.

"Saímos en Lalín sen facer quilómetros aínda co coche, algo que agardamos corrixir nos demais

rallyes do Campeonato, por que ó se tratar dunha nova unidade atrasámonos algo de tempo en

a preparación" di un "Chelís" Gómez que agarda conseguir a final de temporada polo menos os mesmos éxitos obtidos en 2005.

"A temporada 2005 fora de iniciación. Co Mitsubishi Evo VI probamos sorte para comprobar

do que eramos capaces, e o resultado foi máis que satisfactorio con ese cuarto posto absoluto e unha traxectoria de menos a máis que se viu descompensada pola mala sorte en ocasións como a do Ourense-Baixa Limia cando tivemos que abandonar cando estabamos segundos da xeral."

"O Evo IX difire moito do VI, con todo -loxicamente- a favor. Polo que agardamos do que nos axude a pelexar polos postos de honra de cada proba, aínda que no Cocido non estaremos nin ó corenta por cento de posibilidades por non poder face-los quilómetros suficientes co coche. Saímos en Lalín coa idea de afacernos a el e comproba-lo seu rendemento".

O XI Rallye do Cocido comeza coas verificacións administrativas e técnicas que terán lugar o

venres 31 de marzo nas instalacións do Centro Comercial Haley de Pontiñas, en Lalín, para durante a xornada do sábado disputa-las especiais de "Rodeiro", "Saborida", "Lebozán" e "Pontemoas".

O final a proba está previsto para as 21 horas do sábado.