Álvaro Figueira chega ao rallye de casa con ansias e triunfo

Alvaro Filgueira - Rally do Cocido 2012

Alvaro Filgueira - Rally do Cocido 2012Despois dunha meritoria quinta praza, obtida no Rallye do Cocido, Álvaro Figueira quere mellorar o resultado e a oportunidade para iso chega moi pronto cun Rallye de Noia que terá lugar o próximo sábado 21 e que supoñerá a segunda cita no presente campionato galego.

O Rallye do Cocido supoñía un rallye amargo. Tras clasificarse primeiro da copa Khumo no tramo espectáculo do venres, o equipo íase durmir con moi boas sensacións de cara á xornada do sábado. Pero un problema coa bomba de gasolina, retrasounos durante a mañá xa que era primordial conservar a mecánica. As esperanzas do equipo esvaecíanse tras penalizar na saída dunha asistencia.

-Foi un rallye moi duro, cunhas condicións climatolóxicas malas e uns tramos moi complicados. Sen dúbida a mellor estratexia era rematar o rallye.

Noia, o rallye de casa, preséntase cuns tramos que se adaptan moi ben á condución do piloto de Lesende. Sen dúbida unha grande elección por parte da Escudería Berberecho.

Acerca de Ruben 6175 Articles
Webmaster de www.Gzrally.com desde 2003. Apasionado del motor y la fotografía.

Be the first to comment

Leave a Reply

Tu dirección de correo no será publicada.


*



El periodo de verificación de reCAPTCHA ha caducado. Por favor, recarga la página.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.