Gallego: La segunda cita del campeonato ya está aquí. XV Rally do Cocido

  Despois do éxito colleitado trala celebración do II Fórmula Rali do Cocido, e tras colaborar na organización do II Rali Comarca da Ulloa, a escudería Lalín-Deza está de novo ás portas dun evento que se consolidou co paso dos anos, como un dos mellores ralis do campionato galego, o Rali do Cocido. A proba que se disputará na capital do deza, chega á súa décimoquinta edición para a que conserva o máximo coeficiente.

Ubicación

Un ano máis, o Pontiñas, centro comercial e de ocio Haley, será o centro neurálxico da proba, xa que alí se levarán a cabo as verificacións administrativas e técnicas, así como o parque pechado. Pola súa banda, o parque de traballo tamén repite ubicación, e non será outra que o Poligono Industrial Lalín 2000.


                                Sergio Vallejo é o líder do Campeonato Galego 2009

Participantes

O XV Rali do Cocido, será puntuable para o campionato galego de Rallyes e ata Lalín desprazaranse os pilotos que disputan o mesmo, asi como os integrantes das distintas copas de promoción.

            
Treitos Cronometrados

Este quizais sexa o punto no que máis cambios se produxeron. Este ano serán 5 os treitos seleccionados polos 4 da pasada edición.


                                   Pedro Burgo ganó la pasada edición del Rally do Cocido

Desaparece o coñecido treito de Rodeiro, nembargantes a capital de Camba contará cunha nova especial que leva o nome de Monte do Faro, e que será o encargado de abrir o Rali. Posteriormente os pilotos dirixiranse a outro novo treito, O Couto que ven sustituir a Ponteamoas que tampouco se disputará nesta edición. Este quizais sexa un dos treitos que comezarán a marcar diferenzas na cabeza de carreira debido ós continuos cambios de ritmo que ten, amén dos moitos e espectaculares cruces cos que conta.


                                  Adrian Diaz liderá la Copa Volante RACC Galicia 2009

Tras esta primeira sección matutina volverase dar unha segunda pasada ós anteriores treitos para posteriormente ir a Doade un treito que se recupera da edición do 2007 ainda que con cambios. Tras percorrer o 6 km da especial de Doade darase por rematada a segunda sección do Rali e os pilotos dirixiranse ó parque pechado para repoñer forzas para unha longa tarde de carreiras.

A terceira sección comeza con outro novo treito, Carmoega. Esta especial comeza nunha espectacular baixada na que só os máis valentes serán capaces de gañar tempo. Posteriormente os participantes desprazaranse a un mítico do rali, Saborida, un treito rápido e técnico. Para rematar esta terceira sección daraselle unha segunda pasada a Doade para posteriormente dirixirse    ó polígono Lalin 2000 e poñer as máquinas a punto para a última sección na que se darán unha segunda pasada a Carmoega e a Saborida, que cerrará a XV Rali do Cocido.

Treitos
Lonxitude
Horario
Monte do Faro
11,700
8:58  –  12:09
O Couto
15,900
9:51  –  13:02
Doade
6,000
13:40  –  17:51
Carmoega
11,700
16:48  –  20:07
Saborida
12,500
18:14  –  21:10
Sobre Ruben 4448 Artículos
Webmaster de www.Gzrally.com desde 2003. Apasionado del motor y la fotografía.

Sé el primero en comentar

Deja un comentario