• 13 octubre, 2024 14:29

www.Gzrally.com

La Web del Motor Gallego

Segunda Cita para o equipo Rallycar

Abr 20, 2006

Este fin de semana celebrarase o Rali Ría de Noia, convertendose na segunda participación para o equipo Rallycar. O rallye terá como escenario a zona do Barbanza, e contará cunha importante inscrición de máis de cen vehículos. Catro tramos, a disputar en dúas ocasións cada un, serán os que decidan o vencedor final.

Pedro Burgo co seu Mitsubishi Lancer Evo IX, equipado con neumáticos Hankook, será un dos candidatos á Vitoria. Sairá co dorsal número 3 nas súas portas para loitar cos vehículos Kit Car que lle preceden, un S1600 e seis mitsubishi en diferentes versións. Dez potentes vehículos que loitarán polos postos de honra.

Outro membro do equipo Rallycar, Álvaro Muñiz cun Mitsubishi Lancer Evo VII, tamén estará integrado nesa loita. Os neumáticos que tan bo resultado proporcionáronlle no Rali do Cocido, e que lle uparon ata a terceira praza, serán o seu mellor aliado xunto cos seus dotes ó volante, para volver a conseguir un resultado destacable. Álvaro está moi motivado e pese non ser un dos rallyes previstos na súa programación, decidiu acudir, para chegar á primeira proba do Campionato de España, co maior rodaxe posible e nas mellores condicións.

Noutro nivel, estará Fran Cima, que fará o seu debut como piloto Rallycar, tras ser elixido na Selección de Pilotos realizada este ano. Á súa dereita acompañaralle Digo Rumbo, nas labores de copiloto. Ambos, pilotarán un Fiat Punto HGT de Gr N. Eles farán o estreo dos pneumáticos Hankook Z211 no asfalto español. Un pneumático semi-slick, asimétrico, con grandes prestacións tanto para asfalto seco como húmido.