• 7 octubre, 2024 05:39

www.Gzrally.com

La Web del Motor Gallego

Presentado o equipo de Jorge González

May 15, 2006

No incomparable marco de Xunqueira de Ambía (Ourense) tivo lugar hoxe domingo a presentación do equipo da ourensana Escudería "Rantur". Co Mitsubishi Lancer Evo IX de RMC Sport conducido por Jorge Antonio González Fernández, máis coñecido en tempadas anteriores como "Rantur", e o seu novo acompañante Alejandro Cid Álvarez cumprindo as funcións de copiloto, o equipo galego tomará parte dende o Rallye de Santander no Campionato de España de Rallyes 2006 enclavado no Grupo N e a Evo Cup de Mitsubishi.

 

As Olladas do novo equipo que formou "Rantur"vestán postas en loitar polo Campionato de España de Grupo N co novedoso Lancer do preparador do Bierzo, sendo consciente o piloto de Ourense que a pesar da súa experiencia no nacional de rallyes con vehículos Kit Car e S1600 deberáse afacer ós mandos do Mitsubishi, un coche novo para el co que xa

conseguiu un resultado moi interesante no pasado Rallye de Tineo de Asturias, proba na que o equipo acudía como proba de adaptación a un 4×4 turbo logrando o terceiro posto absoluto da xeral final e a vitoria no Grupo N.
A primeira cita do equipo que hoxe se vestía de gala ante a "Colegiata" de Xunqueira de Ambía será o Rallye de Santander que se disputa o próximo fin de semana en terras cántabras.