• 9 diciembre, 2024 23:27

www.Gzrally.com

La Web del Motor Gallego

Cheo absoluto para a presentación do Rally Mix de Cuntis.

Feb 25, 2018

Cheo absoluto para a presentación do II Ra llyMix de Cuntis. Onte á noite, na biblioteca municipal de Cuntis, tivo lugar a presentación do II RallyMix Cuntis Vila Termal. Ás 21:30 h, con rigurosa puntualidade, comezaba un acto que estaba presidido polo presidente da Federación Galega de Automobilismo, Iván Corral e o Alcalde Manuel Campos. Na mesa estiveron acompañados por José Miguel Martínez -Bamarti- , campeón da pasada edición, Conchi Campos (concelleira de deportes) e David Calvo, presidente da Escudería Cuntis Vila Termal.

Comezou o acto o presidente da Escudería, David Calvo, anunciando as características desta nova edición e coa exposición do riguroso plan de seguridade; a saber: máis de 100 persoas. 6 vehículos de rescate e excarcelación. 4 vehículos antiincendios. 2 ambulancias UVI. 24.000 m de cintas de seguridade e arredor de 2.500 estacas para delimitar as zonas de riesgo ou prohibidas. Según anunciou o presidente, o treito desta nova edición, transcorre por estradas da
Concentración Parcelaria de: Güimarei, Soutelo, A Igrexa, Toucedo, Belai, Toxeira, Vilariño, Noval, Calvos e a Bragraña. Conta con un percorrido total de 15 quilómetros 700 metros, dos cales 2 quilómetros 820 metros corresponden a tramo de enlace, quedando así 12 km e 880 metros de tramo cronometrado. No seu turno de palabra, do presidente da Federación Galega de Automobilismo, lván Corral, alabou o bo facer da xoven Escudería Cuntis V.T. , declarando entre o utras cousas​ que “a proba de Cuntis do ano pasado, foi a mellor de todo o campeonato”. Así mesmo, Iván Corral, agradeceu públicamente a implicación do Concello de Cuntis co noso deporte.

Pola súa banda, o vixente campión, José Miguel Martínez Barreiro -Bamarti-, confesou estar de novo ilusionado coa súa participación no II RallyMix e ratificou as palabras do presidente da FGA :“falando cos demáis pilotos, todos coincidiron na boa organización e na espectacularidade do trazado”. José Miguel, aproveitou tamén para dicir, que “intentarei facer o mellor papel posible, para levar o nome de Cuntis e da Escudería ó máis alto do pódium”.

Xusto antes da presentación do Spot Publicitario 2018, o alcalde de Cuntis, Manuel Campos, salientou o esforzo titánico da organización para sacar adiante esta proba e ratificou, unha vez máis, todo o apoio do concello ó II RallyMix Cuntis V.T. O alcalde aproveitou tamén, para agradecer a presencia dos membros dos grupos do BNG de Cuntis e de Veciñanza. Tamén houbo tempo, para confirmar unha vez má is, a presencia de Albert Llovera como padriño do II RallyMix. O piloto andorrano disfrutará da proba, mentres se aloxa durante toda a fin de semana no establecemento Termas de Cuntis. Chegaba o momento máis esperado da noite: a presentación do spot publicitario 2018. Este spot, que foi rodado no mes de febrero por membros da escudería e a productora UKANÁ FILMS. O spot, está protagonizado por dúas persoas moi coñecidas en Cuntis: o veterano piloto Pepe Mieres e a súa copiloto para este ano: Conchi Campos, concelleira de deportes. O video, que foi visionado polas máis de 100 persoas que abarrotaron a sala, provocou as risas dos presentes e consigueu máis de 1.000 visualizacións en apenas unha hora de exposición nas redes sociais. O spot publicitario, pódese ver no seguinte enlace: