CANCELADO O PROXECTO DO TROFEO CURUXARALLYE 2011

   A Federación Galega de Automobilismo, a través do seu Presidente, informou ó Comité Organizador do Trofeo Curuxarallye que este Certame Promocional non se celebrará a partir de 2011.

Desde Curuxarallye seguimos crendo nun proxecto que, pese a erros de xuventude, foi fundamentalmente positivo para os pilotos que debutaron na competición automobilística durante as tempadas 2009 e 2010.
 

Grazas a este Trofeo Promocional os pilotos debutantes coñeceron a competitividade nunha Copa, a única completamente gratuíta para os participantes, e conseguiron unha repercusión mediática que doutro xeito non terían.

As probas son que os pilotos que se formaron no Trofeo Curuxarallye 2009 destacaron no 2010, como o caso Paulo Gradaílle (vencedor do Trofeo Kumho 2010) Carlos Rubén Guerreiro, Roberto Tenreiro, ou Pedro Freire na RACC.

Seguramente no 2011 falemos de pilotos como Amancio Veiga, Borja Vila, Marcos Rodríguez, Luis Pérez…

É este o momento de dar grazas a toda a xente que colaborou como membro do Comité Organizador, ós colaboradores (PTC-Escuela, DVF-Técnicas de Copilotaje, Anviar, Grafiideas), patrocinadores e, sobre todo, ós medios que lle deron difusión mediática: Cronomotor, AutoHebdo, MotorGalicia, Fibra de Carbone, Gas a Fondo, Galicia e PlanetaRAS, e a tódalas webs que nos axudaron (GZRally, MCRallyes, Tula Sport, etc)

Finalmente queremos agradecer ás  Escuderías Organizadoras o apoio e trato recibido, e á Federación Galega de Automobilismo e ó seu Presidente a facilidade para ter realizado este Certame durante estes dous anos.

Moita sorte ós máis de 50 pilotos que en dous anos formaron parte deste trofeo: "¡Sentidiño, e Meigas Fóra!"
 

Martiño de Lopo

Fotografía y texto: Comunicado de prensa.

Acerca de Ruben 6225 Articles
Webmaster de www.Gzrally.com desde 2003. Apasionado del motor y la fotografía.

Be the first to comment

Leave a Reply

Tu dirección de correo no será publicada.


*



El periodo de verificación de reCAPTCHA ha caducado. Por favor, recarga la página.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.