• 14 diciembre, 2024 01:46

www.Gzrally.com

La Web del Motor Gallego

Boas sensacións dos Vallejo tras o «Shakedown» no Rallye de Canarias

Abr 28, 2006

O equipo de Escudería Ourense afronta a segunda cita do Campionato de España de
Rallyes de Asfalto 2006
Esta mesma mañá realizábase o tramo de proba ou "Shakedown" do XXX Rallye de Canarias que mañá venres dá comezo no arquipélago español. Trala realización do mesmo Sergio Vallejo amosábase satisfeito do comportamento do Renault Clìo S1600 que durante esta tempada levará o nome e os cores de Ourensepor las probas que compoñen o calendario do Campionato de España de Rallyes de Asfalto, incluídas citas como a Canaria que son tamén valederias para o Campionato de Europa da especialidade.
Esta tarde, ás 21:00 horas terá lugar a "Cerimonia de Saída" do XXX Rallye de Canarias, para mañá venres 28 disputa-las tres primeiras seccións da proba, sendo a celebración das dúas últimas na xornada do sábado 29. O final da proba está previsto para as 16:50 horas do sábado.

Co Rallye de Canarias o Campionato de España comeza unha interesante franxa ata as vacacións do verán de agosto, sobre todo para o equipo da Escudería Ourense e os irmáns Vallejo, xa que tras o Rallye de Canarias celébrase en maio o Rallye de Santander que dá paso a dúas las cita galegas do nacional, o Rías Baixas e o Ourense que dá paso ó mes de xullo co Rallye de Avilés que supón o ecuador do campionato. O equipo galego atópase nestes momentos como cuarto clasificado da xeral do certame, e a Escudería Ourense ocupa a primeira praza na clasificación de escuderías.

Comeza pois, unha interesante e prestixiosa cita como o Rallye de Canarias que dá paso a unha importante parte da tempada nun campionato cheo de emoción no que os primeiros equipos clasificados distáncianse por marxes moi pequenos debido ó endiablado ritmo de carreira que impón en Campionato de España de Rallyes.