• 28 marzo, 2024 10:32

Álvaro Muñiz consegue para Hankook o primeiro podium

Abr 3, 2006

 

Coa celebración do Rallye do Cocido (Lalín – Pontevedra) producíase o debut dos pneumáticos Hankook sobre asfalto en España. O equipo Rallycar, cos Mitsubishi de Pedro Burgo-Marcos Burgo e Álvaro Muñiz-César Branco, serían os encargados desa misión.

 

Cun problema burocrático sobre as placas de matrícula que habitualmente utiliza Pedro Burgo no seu vehículo, este non podía toma-la saída a proba ó igual que outro participante.

Álvaro Muñiz quedaba como o único representante de Hankook, nun día que amencía chuvioso e co asfalto nunhas difíciles condicións. Con estas perspectivas, e na súa primeira proba a bordo do Mitsubishi Evo VII, Álvaro e César empezarían de forma prudente, collendo ritmo e adaptandose ó seu novo vehículo.

A medida que avanzaba a proba, e cunhas condicións climatológicas similares, os neumáticos Hankook Ventus Z210 amosábanse ideais para esta superficie, otorgandolle a Álvaro unha gran confianza, e posibilitandolle un aumento paulatino do seu ritmo.

Tras supera-lo ecuador a proba, o equipo Hankook, colócase na terceira praza, dentro dun importante grupo de rivais. Continuando coa súa progresión, no penúltimo tramo quédase a só unhas décimas do mellor tempo, rematando faéna no derradeiro, no que consegue o scratch do tramo, e polo tanto asegura a terceira praza do podium.

Como complemento a este gran resultado, no País Vasco, no Rallysprint de Azpeitia, Aitor Zubillaga co seu Ford Escort Cosworth equipado con pneumáticos Hankook, tamén lograba o terceiro posto na clasificación final.

Un gran debut para os pneumáticos Hankook nos rallyes de asfalto en España. A próxima proba será o Rallye de Noia (A Coruña) que se celebrará os días 22 e 23 de Abril, e no que o equipo Rallycar estará presente con Pedro Burgo, ós mandos do seu Mitsubishi Evo IX, e con Francisco Cime, no seu debut co Fiat Punto HGT.