• 23 abril, 2024 15:55

XVI Rali do Cocido, segunda parada doCampionato Galego de Ralis.

Mar 2, 2010
   Se hai un días a Comarca da Ulloa daba un ano máis o bandeirazo de saída ó campionato galego de ralis, o vindeiro 13 de marzo, Lalín acollerá a segunda proba do galego, o evento deportivo que máis xente trae á comarca do Deza, o Rali do Cocido.

A Escudería Lalín-Deza despois de varios meses de traballo frenético, está pechado os últimos flecos para que a XVI edición do Rali do Cocido escomeze a andar.

Este xoves ás 20:00 horas peche inscricións.

Aínda que faltan tres días para o peche de inscricións, estas van a un ritmo moi alto polo que un ano máis se sobrepasarán os 100 participantes, algo que por un lado satisfai á organización, xa que é unha mostra de que o Rali do Cocido é un dos importantes, aínda que tamén supón máis traballo e máis riscos para sacar adiante a proba.

O venres, unha vez se publique a lista de inscritos comezará a distribución do Libro de Ruta na Cafetería Kubos.


Verificacións no Centro Comercial Deza “Eroski”

Ó igual que na edición de 2009, o venres 12 de marzo, no parking exterior do Centro Comercial Deza (a partires da 17:00 horas) habilitarase unha zona para as Verificacións Técnicas dos vehículos participantes, sendo nun local interior as Verificacións Administrativas.


Parque Pechado e Oficina Permanente no Centro Comercial e de Ocio “Haley”.

O parking exterior do Centro Comercial e de Ocio Haley será un ano máis o lugar onde estén expostos os vehículos participantes neste XVI Rali do Cocido.

Asimesmo Dirección de Carreira, Sala de Prensa e a Oficina de Comisarios Deportivos estará ubicada no interior do Centro Comercial.

A entrega de Premios que está prevista para a 1:00 do día 14 de marzo tamén será no interior do Centro Comercial e de Ocio “Haley”.

Luís Vilariño será o punta de lanza dos pilotos da Escudería Lalín-Deza


Cinco treitos a dobre pasada serán quen decidan o
gañador.

Monte do Faro, O Couto, Castro, Lebozán e Ventosa será os cinco parciais a dobre pasada que suman un total de 116 km cronometrados.

Aínda que se repiten nomes da edición de 2009, os percorridos varían en parte, polo que se pode considerar un rali con moitos cambios.

Monte do Faro: Varía a saída sendo o percorrido de 2009 ata a metade do treito, logo entra nunha parte nova para rematar en Carboentes.

O Couto:
Aínda que ten o nome da pasada edición, coincide a parte final do treito, sendo o principio do treito suma das distintas configuracións que recibiu o coñecido Ponte Amoas. Un treito que comezará a marcar diferencias.

Castro: Ten parte en sentido contrario do coñecido Doade, unido co inicio de Saborida. É o treito máis curto do rali.

Lebozán: Unión de Zobra, Lebozán e Saborida. Ten unha delicada baixada hacia o pobo de Lebozán para logo dirixirse ata O Espiño, de novo moi preto da saída, para logo dirixirse ó pobo de Saborida onde siguen o mítico treito ata o transformador de Carrofeito onde xiran á esquerda dirección Doade.

Ventosa: Treito completamente novo que vai dende Negrelos ata Ventosa. Treito rápido que intercala unha zona moi lenta en Pedroso.

Álvaro Méndez, piloto promesa da Escudería Lalín-Deza

Mapas, horarios, regulamento…

Dende hoxe mesmo na web www.ralidococido.com pode descargarse un completo mapa do XVI Rali do Cocido asi como unha completa guía para que todo aficionado vaia documentado á proba.