• 28 marzo, 2024 19:51

Xosé María Magdaleno na Suba Coiro Legítimo de Ubrique

Mar 30, 2006

O piloto de Escudería Ourense afronta a segunda proba do nacional de montaña

O Campeonato de España de Montaña achega á localidade andaluza de Ubrique o espectáculo do automovilismo deportivo…

Entre os principais equipos participantes destaca a presenza do piloto de Escudería Ourense, Jose María Martinez Magdaleno co seu Mitsubishi Lancer Evo VII. O equipo ourensano xa tomara parte na primeira cita do certamen, a pasada Suba a Trasierra, onde os problemas de turbo do Mitsubishi Lancer habíanlle relegado á sétima posición dentro do Grupo N, categoría na que Jose María Magdaleno aspira a logra-lo título nacional, como xa o fixera en 1998.

A Subida Coiro Legítimo – Ubrique (que une as localidades de Ubrique e Benaocaz), dispútase como tódalas do nacional, en dúas probas separadas sendo a primeira na jornada do sábado 1 de abril e a segunda o domingo día 2. As verificacións terán lugar o sábado na Praza de Toros de Ubrique, dende as oito da mañá e ata as doce e cuarto, para comeza-los adestramentos libres ás catro da tarde e dispútaa a proba sabatina (Fase A) seguidamente.

Durante a jornada dominical celebrarase a Fase B (segunda proba), dende as dez da mañá, estando previsto o final da Subida Coiro Legítimo – Ubrique ás dous do mediodía.