• 29 marzo, 2024 12:42

Xosé José María Magdaleno na Subida á Santa de Totana

Abr 18, 2006

O piloto de Escudería Ourense afronta a cíta murciana coa esperanza de que os problemas electrónicos do Mitsubishi non volten a aparecer.

Celébrase o vindeiro fin de semana, na localidade murciana de Totana, a XXI Subida ó Santuario da Santa, unha cita clásica xa dentro do automovilismo de montaña nacional e puntuable para o Campionato de España de Montaña 2006 certame no que o equipo da Escudería Ourense formado por Xosé María Martinez Magdaleno e o Mitsubishi Lancer Evo VII estarán presentes ó longo da tempada coa idea de pelexar polo título absoluto na categoría do Grupo N.

Tralas duas anteriores citas (Trasierra e Ubrique) nas que os problemas de electrónica do Lancer estiveron presentes e impediron estar na cabeza da clasificación, o equipo chega agora a terras murcianas co vehículo recen revisado e listo para afronta-la terceira cita dun certame que se presenta moi competido.
 
"Agardamos que a electrónica non nos volte a gastar unha mala pasada e que en Totana poidamos estar xa no noso posto habitual, que é loitando pola vitoria no Grupo N", comenta un Xosé María Magdaleno esperanzado en que a electrónica do Mitsubishi, esencial para a xestión da alimentación do coche, non volte a facer das súas como nas anteriores citas, engadindo que "Agora xa revisamos o coche e preparado a conciencia a xestión electrónica, polo que agardamos que non nos volte a acontece-lo a acontecido ó principio de tempada".

Como é habitual, a cíta murciana celébrase en duas fases, a A durante a xornada do sábado 22 e a B na do domingo 23 vindeiro.