• 19 abril, 2024 07:50

Sorte dispar para os Pilotos da Escudería Lalín-Deza no Rally Comarca da Ulloa

Feb 23, 2010
   O pasado fin de semana celebrabase polas estradas de Palas de Rei e Monterroso a III edición do Rali Comarca da Ulloa.
Un ano máis a Escudería Comarca da Ulloa, decidiu que a Escudería Lalín-Deza levase o peso da organización, quen gracias á colaboración doutras escuderías como Berberecho, Surco e DTD Motorsport sacaron adiante un Rali que pese as inclemencias meteorolóxicas pode considerarse como a mellor edición das tres disputadas.

No apartado meramente deportivo, Alberto Meira conseguiu impoñer o seu flamante Mitsubishi Lancer Evo X por diante de Pedro Burgo (quen se viu retrasado por un pinchazo na segunda pasada por “Castelo de Pambre”) e de Jonathan Pérez quen aproveitaba as estradas da Ulloa para testear o seu recén adquirido Peugeot 207 S2000 con vista ó Campionato de España de rallyes.

Luís Vilariño cuarto da Xeral Scratch e primeiro grupo “X”

Luís Vilariño, alma mater da proba, a bordo do seu Renault Maxi Megane alzabase coa cuarta plaza. Un posto que se pode dar por bo, xa que foi un rali no que se correu moito e o estado do asfalto non era o máis axeitado para un vehículo destas características. Amén do 4º posto conquerido, Luís conseguiu vencer no grupo “X” quedando ás súas espaldas Bamarti a bordo do espectacular Peugeot 306 Maxi.

Emilio Figueira abandona no treito de Viloide.

O piloto da Escudería Lalín-Deza, Emilio Figueira viuse obrigado a abandonar a proba na segunda pasada polo treito de Viloide cando ocupaba a 5ª posición da Racc e 18º posto da xeral. O rápido piloto do Barbanza é un dos punteiros do volante Racc Galicia 2010.


Álvaro Méndez retirase cando era 1º da Copa Kumho e 1º Junior.

Unha mágoa foi o abandono do xoven piloto de Lalín, Álvaro Méndez, quen a bordo do seu Peugeot 106 GTI, tivo que retirarse cando ocupaba o 19º posto da xeral, logo de ter problemas coa varillaxe da caixa de cambios. O lalinense tras un impresionante inicio de rallye ocupaba a primeira posición da copa Kumho por diante de pilotos con moita máis experiencia, sendo tamén o mellor Junior. De seguir así, e se a mecánica o respecta será un dos nomes a ter moi en conta en próximas probas, sobre todo no próximo Rali do Cocido.

Un problema nos colectores impide rematar a Javier Ramos.

Se Emilio Figueira e Álvaro Méndez tiveron que abandonar cando ocupaban postos dianteiros, o piloto de Silleda Javier Ramos, a bordo do seu bonito Subaru Impreza Sti, viuse obrigado a abandonar cando ocupaba o 15º posto da xeral debido a un problema de colectores. De seguro que se a súa montura tivese un pouquiño máis de fiabilidade acabaría entre os dez mellores do rallye.

A seguinte proba que disputarán os pilotos da Escudería Lalín-Deza será o XVI Rali do Cocido, o rallye da casa, que se desenrolará o vindeiro 13 de marzo.

A proba lalinense contará con 5 treitos cronometrados a dobre pasada, sumando un total de 116 quilómetros cronometrados. O Rali do Cocido comezará as 7:45 da maña, rematando ás 21:50.