• 24 abril, 2024 01:41

Sexto posto no Volante Racc para o Tromposis Team

Feb 26, 2010
O pasado fin de semana disputábase o III Rallye Comarca da Ulloa, primeira carreira puntuable para o Campionato Galego de rallyes, e que representaba unha cita moi especial para o Tromposis Team, xa que, supoñia a sua primeira cita dentro da copa de promoción Volante Racc.

A meteoroloxía condicionou fortemente a carreira, xa que á primeira hora non se chegaban ós 3ºC, que sumados á xiada nocturna e ó orballo (que nalgúns casos se converteu en auganeve) fixo que os sucios e rotos treitos do rallye se convertesen en auténticas pistas de patinaxe. "Foi un rali moi complicado, sufrimos durante toda a mañán para seguir en carreira. Non saímos de unha librada para meternos noutra. O tempo xusto fixo que chegaramos ao rali sin probar o coche nestas condicións, e a eleccion de neumaticos non foi a adecuada para o estado do piso. A cabeza volvía en demasiadas ocasións ao recente golpe no Baixa Limia. Tomamos a decisión de levantar o pe para chegar ao parque pechado de Monterroso e acadar os primeiros puntos. Haberá tempo para correr e esperamos seguir aprendendo nesta "copa escola" e ir achegandonos aos tempos da cabeza. So me queda agradecer aos meus patrocinadores a paciencia e apoio brindados, que intentarei recompensar traballando duro."

A proxima carreira para o equipo será no Rali do Cocido, no vindeiro mes de Marzo.

Agradecementos a: Xustotres cerveceria, O Garaxe, Cambre Sport, A Nova Estrela, F40, Rotugalia, Talleres JM, Foto Trigo, Mundaka