• 18 abril, 2024 18:34

Proxecto ‘Piloto 2011’ Makinariacrz

Feb 1, 2011
    O proxecto de Makinariacrz pretende facer debutar pilotos no mundo do autocross co mínimo gasto posible, ó piloto facilitaráselle todo o necesario para que se inicie no mundo das carreiras (coche, funda, guantes …).

 En principio os gastos que corren a cargo do piloto serían a inscripción e a súa licencia, ademáis deberá buscarse os seus patrocinadores para axudar a pagar os gastos.

 Desde Makinaria crz estamos tratando con diversas empresas para abaratar costes, contando xa co patrocinio de:

    Bar Senin (mítico piloto da época dos 127) Valga
    Circuíto Xacobeo
    Promotora e constructora Touro
    Bar trebol (Padrón)
    Incove (Padrón)
    EFCAL (Santiago)
    Escayolas villaverde (Santiago)
    Maquinariacrz
    R3sport

O coche para correr será un AX GT que conta con un cambio 13×59 e neumáticos Fedima e ASR que nn está nada mal para inciarse.

Se che gusta o mundo das carreiras, se queres debutar como piloto, e se queres facelo da maneira máis económica posible apúntate o Proxecto 2011 de Makinariacrz rellena a folla de inscripción no foro de www.r3sport.es

Fotografía y texto: Comunicado de prensa.