• 19 abril, 2024 20:34

Oscar Garre Vencedor do Volant Racc

Abr 4, 2006
O pasado fin de semana dispútose o Rally do Cocido, co principal atractivo da prestixiosa copa de promoción Volant Racc, onde o vigues Oscar Garre ós mandos do seu Citroen C2 dominaríaa de principio a fin.

O piloto vigues encóntrase moi satisfeito con esta primeira vitoria: " É fantástico empeza-lo ano gañando o que nos dá moita moral de cara a esta tempada que seguiremos compaxinando o volant racc autonómico co trofeo c2 de ámbito nacional. Ademais estou moi gratamente sorprendido das prestacións das rodas Matador xa que non só logrei me clasificar no sétimo posto da xeral senón que ademais ofrecemos ou os nosos patrocinadores e ó meu novo equipo, Mariño Sport, a primeira vitoria do ano no Voante Racc.

A próxima cita para Oscar Garre e todo o seu equipo será o vindeiro rallye Ría de Noia a se disputa-lo 21-22 de Abril.