• 25 abril, 2024 14:22

O Tromposis Team en Narón

Jun 10, 2010

Despois do paron debido o aplazamento do rally do Albariño, volve o Campeonato Gallego de Rallyes.Este fin de semana celebrarase o XXIII Rallye Cidade de Narón que contara con 4 treitos cronometrados a doble pasaxe.

O Tromposis Team pilotado por Ruben Garcia Naya e copilotado esta vez por Jacobo Martinez Padín estarán por terceiro ano consecutivo na saida deste rally, encadrados novamente na copa de promocion Volante Racc, na que se encontran na quinta posicion despois de disputarse 3 probas.

Ruben e Jacobo realizaron os recoñecementos o pasado fin de semana quedando ambos contentos cos treitos, "Os tramos son rapidos, tecnicos e bonitos. Este é o rali da casa para nos, xa non por proximidad, senon pola similitude dos tramos cas carreteras do meu entorno. Esperamos facer un bo papel para dedicarllo aos patrocinadores, ao equipo, e aos aficionados que se acheguen a ver o que seguro será o rali mellor organizado do panorama galego"

O equipo quere agradecer a todos os patrocinadores o apoyo que esta recibindo: O Garaxe, Rotugalia, Talleres JM, A Nova Estrella, F40, Cambres Sport, Foto Trigo e  Inmobiliaria Faisca