• 16 abril, 2024 23:36

Luis Vilariño é optimista de cara ó

May 15, 2006

A terceira proba do Campionato Galego de rallyes, agardada con avidez polo piloto de Palas de Rey.

Valedeira con coeficiente 7 para o certame autonómico de rallyes, a escudería Salnés Motor organiza unha nova edición – a decimoquinta- do seu popular Rallye do Albariño, e alí estará de novo o piloto Lucense Luis Vilariño, a bordo do seu Renault Clio S1600 patrocinado por "Antalsis", "Madeiras Gómez Orense" e "Grupo SCR".

O venres será o momento de realiza-los últimos trámites previos, tendo lugar no peirao de Tragove (Cambados) as verificacións. Nese mesmo lugar estará situado o parque pechado, dende onde tomarán a saída os participánte o sábado 20 a partir das 8 da mañá, e ó que regresarán a partir das 21:15, tras percorrer un itinerario de algo máis de 403 kms, con once especiais cronometradas que totalizan uns 99 kms de loita contra o reloxo.

"Os tramos deste rallye presentan en xeral algunhas variacións con respecto a anteriores edicións, e son en xeral bastante rápidos, o cal creo que unido ó bo tempo que se agarda para o fin de semana, pode ser útil para o meu coche respecto ós 4×4, se ben estou en desventaxa fronte ás máis potentes monturas que empregan Senra e Barreiro, ós que terei que tentar perseguir." – indicaba Vilariño tralos recoñecementos a proba, realizados este pasado fin de semana.