• 19 abril, 2024 19:32

Dúas de dúas para Alberto Meira, tras vencer no Rallye Ría de Noia.

Abr 25, 2006
Victorioso arrinque de tempada para o piloto vigués, dominador do grupo N.

A segunda cita do Campionato Galego de rallyes tiña lugar en terras do barbanza, con motivo do Rallye Ría de Noia, celebrado o pasado sábado e no que Alberto Meira e todo o seu equipo lograban unha nova vitoria dentro da categoría de grupo N, a bordo do Mitsubishi Lancer Evo VIII patrocinado por "Fincasa", "EcoPeixe", "Piñeiro Moda", "Reiriz Sport", "Pneumáticos Barreiro" e a "Concellería de Deportes de Vigo".

Trala forte chuvia caída o venres, día en que tiñan lugar as verificacións administrativas e técnicas dos vehículos participantes, o sábado amencía soleado pero co asfalto agochando moitas trampas debido ás humidades. Alberto Meira, que chegaba a metade de carreira enfrascado nunha loita pola segunda praza con Penido, Vilariño e Barreiro, comentaba que "Aínda que non acertei do todo á hora da elección de pneumáticos, os tramos foron idóneos para un vehículo con tracción total como o noso, xa que o asfalto esvaradizo fainos ser moito máis competitivos de cara á clasificación xeral. De todas formas pola tarde os tramos xa estarán secos e vainos custar seguir pelexando por subir ó podium do rallye."

Trala segunda sección, e mantendo o seu indiscutible liderato entre os vehículos de grupo N, Alberto Meira e o seu copiloto Álvaro Bañobre chegaban a Noia como cuartos clasificados na clasificación xeral, e moi satisfeitos polo desenvolvemento da carreira: "Todo o equipo estivo fantástico. Ó nos ceñir ás limitacións da regulamentación do grupo N non sempre podemos competir polos primeiros postos do rallye contra rivais mellor armados, pero en todo caso demos moita guerra e encantaríame seguir esta boa liña durante o resto da tempada."

Tras este segundo envite do ano, Alberto Meira segue ocupando a segunda posición do certame autonómico de rallyes, por detrás do líder Xosé Martínez Barreiro. A próxima carreira do campionato terá lugar os días 19 e 20 de maio en Cambados, con motivo do XV "Rallye do Albariño".

A segunda cita do Campionato Galego de rallyes tiña lugar en terras do barbanza, con motivo do Rallye Ría de Noia, celebrado o pasado sábado e no que Alberto Meira e todo o seu equipo lograban unha nova vitoria dentro da categoría de grupo N, a bordo do Mitsubishi Lancer Evo VIII patrocinado por "Fincasa", "EcoPeixe", "Piñeiro Moda", "Reiriz Sport", "Pneumáticos Barreiro" e a "Concellería de Deportes de Vigo".

Clasificación del Campeonato Gallego:

Piloto (Vehículo)
Puntos
1º José Martínez Barreiro (Peugeot 306 Maxi) 425
2º Alberto Meira (Mitsubishi Lancer Evo VIII) -1º grupo N 342
3º Pedro Burgo (Mitsubishi Lancer Evo IX) 210
4º Manuel Senra (Peugeot 306 Maxi)
191
5º Luis Vilariño (Renault Clio Super 1600) 150