• 20 abril, 2024 06:19

Debut en asfalto

Mar 30, 2006

 

Este próximo sábado día 1 de Abril producirase o debut dos neumáticos Hankook sobre asfalto en España. O equipo Rallycar, co piloto Pedro Burgo á cabeza, participará no Rallye do Cocido (Lalín – Pontevedra), utilizando por primeira vez os neumáticos de competición da marca coreana.
 

Hankook e Rallycar uníronse esta temporada para realizar un completo programa de rallyes en España, e así desarrollar e promove-los seus neumáticos de competición, que ata agora só foran utilizados en España nos rallyes de terra, tanto na Subaru Cup, como na Copa Hankook Fiat Punto.

Pedro Burgo será o piloto sobre o que se centrará o programa. Cun novo Mitsubishi Lancer Evo IX realizará un mínimo de sete probas (catro de asfalto e tres de terra). Coa súa ampla experiencia, será o encargado de desarrollar os neumáticos e estuda-las suas diferentes características e comportamentos, para  adapta-los plenamente ás circunstancias dos rallyes españois.

 

Como complemento ó seu traballo, outros compoñentes do equipo Rallycar, utilizarán tamén Hankook. Alvaro Muñiz, cun Mitsubishi Lancer Evo VII, estará tamén presente neste rallye, e en sete probas máis de asfalto. Pola súa parte, Francisco Cima, elixido na Selección de Pilotos Rallycar 2006, tamén participará en cinco rallyes a bordo dun Fiat Punto HGT.

 

Un extenso programa, no que tanto Rallycar como Hankook puxeron toda a súa ilusión e gran esforzo para ofrecer ós pilotos a posibilidade de utilizar e coñecer uns pneumáticos de alta calidade e contidos custes, cos que afrontar con garantías os máis altos retos.

 

O Rallye do Cocido, se diputará por terras da comarca do Diga, no centro de Galicia. Cunha alta inscrición, 120 participantes, dará comezo o sábado a partir das oito da mañá, tendo como centro neurálgico o centro comercial e de lecer Pontiñas. Catro tramos, realizados en dúas ocasións, serán os que diriman a clasificación final.