• 19 abril, 2024 19:57

Bo resultado do equipo GSRC no Rallye de Ferrol

Ago 25, 2010

Matías Souto e Sindo Antón disputaban o Rallye de Ferrol a bordo dun Renault Clio R3, tendo a primeria toma de contacto no Shakedown, onde a adaptación foi notable baixando segundos nas diversas pasadas. Remataban o Shakedown satisfeitos e contentos co comportamento e adaptación ao Clio R3.

Na primeria etapa alcanzaban nos treitos aos vehículos precedentes, unido a un problema coa parrilla de faros perjudicaban a clasificación xeral. Aínda así, o equipo concluía a 1ª etapa como 2º clasificados do Campionato Junior.

O sabado iniciaban a 2ª etapa nuns tramos rapidos, cheos de cruces e delicados, debido a suciedade, cuns pequenos sustos en forma de saidas de carreteira sen consecuencias mecanicas pero cunha impartante perda de minutos. A evolución do equipo foi máis que notable no Clio R3, cunha conducción rápida e moi espectacular, algo que o numeroso público agradecía. O equipo remataba o rallye clasificado 22 da xeral e 2º clasificado no Trofeo Junior, un gran resultado nun Rallye do Campionato de España debutando co Renault Clio R3.

Matías declaraba: “Penso que fixemos un gran rallye, tivemos unha boa adaptación co R3. Era un rallye dificilisimo e perdimos varios minutos cos contratempos, pero obtivemos un gran resultado como é ser 2º no Trofeo Junior, resultado que adico aos meus patrocinadores e ao meu equipo. Unha mención especial o meu copiloto que sempre me deu animos, tanto nos treitos como nos dias previos”.