• 28 marzo, 2024 13:13

Anulacion da XII Subida a Vila de Cortegada prevista para os días 2 é 3 de Xuño

May 14, 2012

A XII Subida a Vila de Cortegada, prevista para os días 2 é 3 de Xuño, non se celebrara, xa que nos resulta imposible confeccionar o presuposto necesario para a Organización-Celebración de dito evento. 

Os motivos son varios, como non o estado actual das empresas, das cales a moitas resultalles imposible colaborar xa que están pasando apuros por mor da forte crise que esta afectando ó país, por outra banda as subvencions de Xunta e Deputación son una incógnita no referente a tempada 2012, estando todavía pendiente por exemplo a da Xunta da Edición do 2011, da cal inda nin saiu resolución. Por outra banda para a edición deste ano 2012 o Concello de Cortegada comunicounos que Non aportaría subvención económica alguna (Dice que: con aportar un local e pagar a luz consideran suficiente aportación para una proba do Campionato de Galicia de montaña). 

En outro aspecto, tamen cada vez son menos as persoas que están dispostas a botar una man, na organización do evento, xan non digo polo ano adiante (Por o ano adiante dende fai aproximadamente 4-5 anos,  soporta exclusivamente o presidente, toda a xestion, confeccion de presupostos, deseños, maquetacions, papeleos, permisos, etc ), se non incluso neses últimos días nos que se necesita moita xente colaborando. Todo elo repercute nun cansancio e desgaste mental terrible para a persoa que soporta o discurrir do evento, xa que te absorbe as 24 horas do día e durante moitos meses. 

Por todos estes motivos e por suposto por respeto ó Automobilismo, considero que nin se pode, nin se debe organizar a proba nesas condición, xa que verdadeiramente, faeriaselle un fraco favor o AUTOMOBILISMO, o cal merece un respeto.

Como non, agradecer a todos os patrocinadores, colaboradores, axudantes, compañeiros de Escuderia, pilotos, medios de comunicación, etc o apoio mostrado todos estes anos.

Mencion especial merece a Federacion Galega de Automobilismo, dirixida por D. Ivan Corral, a cal sempre nos botou una man na medida do posible e razonable, cousa do que sempre estarei persoalmente agradecido, aprobeitando de paso para felicitar o seu presidente, por todos os avances e a extraordinaria xestión que ten aportado directamente a Federacion, e como non indirectamente o Automobilismo Galego, que sin duda e o que maior nivel ten de todo o país, cousa que ainda ten mais merito nesta época de crise que temos que vivir. 

Despidome xa, instando, a aquelas organizacions que teñen o apoio e a valoración da sua xente, a que sigan traballando polo automobilismo Galego, sentindo nese eido que no noso caso teñamos que porlle aquí fin a vida desta proba. GRACIAS A TODOS