• 28 marzo, 2024 11:42

UN INOPORTUNO PINCHAZO PRIVA A PENIDO DUN MERECIDO POSTO DE HONRA

Abr 25, 2006

O inicio da tempada para o piloto santiagués Luis Penido, actual campeón de Galicia de ralis en grupo N, saldouse cun balance agridulce, visto o desenvolvemento final do Rali de Noia, cita con coeficiente seis disputada o pasado sábado en estradas da comarca coruñeasa de Barbanza.
 

Penido, que estreaba o patrocinio de Grupo Noya, ademais dos xa coñecidos de Outeiro Cariton, Star, Gecor, Cafés Bogani, Hotel-Restaurante Balboa e Grafiideas, propúñase próbaa noiesa como a súa segunda comparecencia co Mitsubishi Lancer EVO VIN en grupo A, trala experiencia do pasado exercicio no Rali de Lugo.

Un día soleado, aínda que con humidades no asfalto da noite anterior, agardaba ós 109 admitidos a competir, que debían afrontar un total de catro especiais de velocidade a dobre paso, coñecidas todas elas e estructuradas en catro seccións.E como é habitual las proba galegas miles de espectadores jalonando o percorrido.

Uns coches mal situados a meta da primeira especial, San Finx, obrigou á neutralización da mesma, sendo Cubelo-1 a primeira crono en serio. Nela Luis Penido empezou a colle-lo ritmo dunha mañá que lle fixo asinar uns moi bos tempos parac concluír segundo tralas dúas seccións matinales, por detrás dun inalcanzable Pedro Burgo e por diante do líder do certame galego, Martínez Barreiro. "Corremos moito e o Lancer funciona perfectamente, agora coa brida para grupo A. Pero tamén somos realistas pois as diferenzas cos pilotos que nos seguen son mínimas. Outes-Freixo é un tramo de potencia, que nos prexudica, en cambio Montemuíño adáptase mellor, polo cal se prevé unha tarde interesante" comentaba o compostelán no descanso do mediodía.

A lóxica fíxose realidade no primeiro paso pola especial de Serra de Outes, onde se alcanzan grandísimas velocidades. Barreiro superaba a Penido por tres segundos, pasando a se situar segundo. E xa en Montemuíño, o xerro de auga fría caía do lado do compostelán, que pinchaba e debía cambia-lo pneumático a axuda dos espectadores,cedendo máis de cinco minutos. Desta forma a última sección Penido enfocábaa con outra mentalidade, probando a súa unidade e sen tomar riscos vista a situación.


Foi unha verdadeira mágoa, pois estabamos aí nos postos de cabeza. En condicións normais sería moi dificil mante-la posición, pero estabamos concienzados de la defende con tódalos nosos medios. O inoportuno pinchazo trastocóuno-los planes, aínda que ó final puidemos ser segundos da división 9, o que é un mal menor para o infortunio que sufrimos na quinta especial da xornada"
valoraba.

Noutro orde de cousas a segunda cita do galego de ralis viu o fácil dominio dos irmáns Burgo, co seu novo Lancer EVO IX. Martínez Barreiro, vistos os problemas da súa principal rival Manuel Senra, obtivo a segunda praza, chegando terceiro o piloto de Palas de Rin, Luis Vilariño