• 28 marzo, 2024 21:57

Sergio Vallejo

Dic 7, 2011

Entrevista a: Sergio Vallejo

Nome: Sergio Vallejo Folgueira 

Data  de Nacemento: 8 de Xaneiro do 1.967
Lugar de nacemento: Meira, en Lugo.
Outros deportes no tempo libre : Pois fago moita bicicleta, e despois fago algo de todo. En xeral deportes relacionados co motor, motos de auga e cousas así…

¿Coñeces www.gzrally.com?

Si, si que coñezo, non a podo visitar moito porque non son moi navegador, pero sí, tanto por fotos, videos e eso pois visitoa.

¿Cómo xurdíu todo esto dos rallyes?

Bueno, pois eu xa antes de ter carnet tiña moitas ganas de conducir e tiña claro que era o que me apetecía facer.
¿Cómo se tomou a túa familia a decisión de participar neste deporte?
A verdade e que moi ben, teño a sorte de que a meu pai  gustalle moito todo o tema do motor, e xa me levaba a ver rallyes cando eu era neno, polo tanto bastante ben nese sentido. Foi máis complicado por parte de miña nai sobre todo cando Diego comenzou a correr conmigo pero… bueno, bastante ben.


¿Por qué rallyes e non outra modalidade?
Porque era o que me gustaba xa dende neno, e non tendo ningún circuito en Galicia pois case era unha ogriga. E a verdade e que estou contento de elexir os rallyes porque me gustan bastante máis que calquera outra cousa.
¿Quén é o teu ídolo?
Pois se digo a verdade ningún, sempre mirei para os pilotos do mundial como Mikkola, Blomqvist, e algúns máis da época do Grupo B, pero en especial ningún.
Na túa opinión, ¿quén é o mellor piloto español de tódolos tempos?
Eu creo que non hai dúbidas, Carlos Sainz. Sobre todo os que vivíamos o mundial parecía mentira que un piloto español estivese a ese nivel.
Se tiveses que cambiarte por un piloto do mundial, ¿por quén o farías?
(Risas) Loeb. Non me imaxino esa situación…  Sen dúbida penso que é o mellor de tódolos tempos, a pesar de que agora non teña a competencia que había fai uns anos, pero falamos dun piloto infalible.
¿Cál é o soño que todavía non cumpliches en competición?
Creo que ningún, sempre tiven a ilusión de vivir as carreiras, e por sorte podo decir que levo anos vivindo delo e conformome con iso, disfrutar.


¿Lembras o teu primeiro rallye?

Si, perfectamente, o Rally de Noia do 85, non se me olvidará nunca. Sobre todo o primeiro treito. Recordo que corría dentro da Copa Panda e creo que éramos 12 pilotos máis ou menos e por alí estaban os de sempre, Pereira, Magdaleno, Orozco… e fixen 4º no primeiro treito e a verdade que moito mellor do que me esperaba.
¿Cál foi o coche co que debutaches?
O Panda.
¿Qué recordos gardas dos teus comezos?
Os recordos son se que me tiña que preparar eu todo. Non coñecía a ninguén que fixera rallyes e facía eu todo, inventábame case todo, as notas, os “planing” de consumos, asistencias… todo. A verdade e que incluso sen medios e sen coñecer a ninguén pois trataba de planificar todo o mellor posible.
¿Qué coche che deixou mellores sensacions?
Todos teñen a súa historia, e sempre se dí “pois como se corre no Desafío, ou como corren os de cabeza” pero sempre que se teñan rivais os coches acaban correndo e deixando boas sensacions. Pero polos que pasei eu, sen dúbida o coche que teño agora mesmo é o que máis me enche como piloto.
Na pilotaxe de cara á competición, ¿qué escollerías? ¿Tracción dianteira, traseira, ou total?
Máis efectivos está claro que son os tracción total, pero a mín gústame moito o GT3, poida que sexa máis complicado de conducir pero ten máis mérito. É un coche que transmite moi ben fóra o traballo que o piloto fai dentro.


Despois de pilotar un S2000 no principe e probar algún que outro por ahí en tests soltos, ¿é un s2000 superior ó Porsche que conduces na actualidade?
Hai en treitos que non, pero hai que pensar que son coches pensados exclusivamente para rallyes e teñen un paso por curva,  frenada, etc… moi superior. Pero eu non o cambiaría, a verdad. Disfruto moito máis con este.
¿Prefires competir con piso mollado ou seco?
Máis ou menos dame igual, cando chove, chove para todos, e incómodo non me sinto en ningunha situación. Non tería preferencias sobre iso.
Para un rallye, ¿frío ou calor?
Moito calor non é moi agradable, pero nunca está mal.
¿Espectáculo ou tempos?
Tempos, sempre que chegas á meta queres ver os tempos, pero se pasas rápido o espectáculo sae só.


¿Es supersticioso? ¿Algún ritual ou costume antes de saír a competir?
Non, agora mesmo ningún. Antes si tiña bastantes pero funme quitando de todos e por sorte un está máis tranquilo cando non pensa en nada desas cousas.
Pensando nas boas xornadas da competición, ¿qué momento resaltarías como o máis satisfactorio da túa carreira?
Hai moitos, os bos momentos eu sempre os recordo. Pasei por momentos nos que realmente me cheguei a emocionar, como cando gañei o Desafío, ou mesmo o ano pasado con algunhas das carreiras que gañamos co Porsche. Son cousas que nunca se olvidan.
¿E o momento que desexarías no ter pasado? Ese mal momento que costa esquecer e que ogallá nunca tivese pasado..
Sempre procuro pasar páxina o antes posible e non lembrar os malos momentos, nin sequera me afecta moito cando teño problemas ou teño que abandonar, contrariamente ó que falamos cos bos momentos pois con estes procuro esquecerme rápidamente deles.
Se puideses volver atrás no tempo, ¿Qué decisión non tomarías na túa carreira deportiva?
Non me arrepinto de nada, sempre tratei de facer as cousas o mellor posible, i é certo que todos nos equivocamos, pero é lei de vida, e ó feito peito.


¿Qué treito de rallyes foi o que máis che gustou?
Gustanme moitos, todos teñen a súa historia e todos teñen “algo” especial. Aínda que recordo un que para min foi moi especial, que foi no Rally de Salou. Un treito de máis de 20km. que fixemos con brétema e que non se vía prácticamente nada e fixemos o Scratch con máis de un minuto de diferencia sobre o segundo, no que incluso doblara a dous coches no treito e a verdade e que  nós mesmos íamos aluciando dentro do coche despois de chegar á meta e ver o tempo e chegar preto do 1º.
¿Ónde te atopaches á mellor afección?
Eu penso que a galega. En cantidade e calidade.
¿Un rival?
Azcona (Risas). Tíñame comida a cabeza. Foi o que máis me marcou, e posiblemente fíxome espabilar.
Na actualidade, ¿estamos ante o mellor momento de Sergio Vallejo deportivamente falando?
Si, creo que sen dúbida. Anímicamente estou moi ben e físicamente estou mellor que nunca.
Antes de comenzar a tempada, ¿cal é a principal preocupación de Sergio Vallejo? (presuposto, coche…)
O presuposto é o principal, xa que sen presuposto non se pode facer nada, pero agora mesmo que o equipo, que teño a sorte de contar cun equipo impresionante, que se sinta implicado ó 100%. Para mín contar con eles é esencial.


Ante a situación actual do mundo do motor, en concreto o da competición ¿cómo ves a tempada 2009?
Bastante ben. Eu vexo que a Federación Española está tomando unha serie de medidas dende hai un par de anos que están desviandose da corrente internacional e penso que están tomadas correctamente, porque a verdade e que como vemos no ámbito internacional non corren bos tempos, mentres que aquí están tomándose medidas para que equipos con menos presuposto poidan estar ahí e ter posibilidades de competir sen ter presupostos estratosféricos.
¿Qué che parece a nova reglamentación dos grupo N no nacional?
Ben, pero ata que comencemos a correr e se vexan as diferencias non se sabrá ó 100% se acertaron ou non. Penso que ata que levemos tres rallyes non se poderá decir con certeza onde estarán os novos Grupo N.,pero vexo ben que se intente facer algo e non obrigar ós que queiran gañar a que teñan que subirse nun S2000 e ter un presuposto de medio millón de euros.
¿Ves algún piloto superior ós demáis e con maior número de posibilidades de levarse o campionato?
É unha incógnita saber como van  ir os Grupo N., pero creo que Ojeda vai ser un dos máis fortes, e tamén está  Xevi Pons que penso que vai facer unha boa tempada e posiblemente Hevia se sae co Skoda sexa o rival a batir.

¿Aínda lle queda corda para rato a Vallejo? ¿Seguiremos disfrutando durante moitos anos vendo o teu nome nas listas de inscritos?
Imaxino que sí. Se sigo con ganas tal e como teño hoxe por suposto que si, non penso para nada en deixar isto nin tampouco vexo cerca ese momento.
Nun futuro esperemos que lonxano, ¿gustaríache seguir vinculado ó mundo das carreiras e seguir traballando para isto ou polo contrario prefires outras cousas?
Imaxínome que seguirei ligado ás carreiras, aínda que igual chegado o momento e troco de ideais. Nunca se sabe.
¿Cómo ves o nivel da competición actual? ¿Cómo os valorarías a niveis organizativos, de repercusión, de difusión, publicidade, etc.?
Eu penso que a niveis organizativos estamos a un moi bo nivel, eu tiven a sorte de correr no mundial e sinceramente penso que un 80% dos rallyes do Campionato de España estarían capacitados para organizar unha proba do WRC. A nivel afección… impresionante! Poida que onde se podería facer máis é a nivel de difusión, televisando algunhas probas ou mesmo saíndo máis nas televisións. Xa que se por exemplo nun Rally Rias Baixas temos máis de 40.000 espectadores haber onde atopamos nalgúns partidos ese número de seguidores. Aínda así sempre vemos tódolos días noticias de fútbol, que se fulanito torce un nocello ou que se o outro non se sabe que… pois eu penso que nese caso sí de podería facer algunha mellora.

¿Qué cambiarías ou que intentarías mellorar ó respecto?
Eu creo que así como a Federación fai un bo traballo a nivel deportivo, a nivel de difusión debería traballar un pouquiño máis. Buscando un promotor ou patrocinadores ou non sei como, pero facer da maneira en que a televisión estivese máis encima.


¿Cómo ves o mundo dos rallys en Galicia?
Creo que Galicia ten un problema en canto ós participantes. Hai moitísimos participantes e así as cousas non son nada fáciles. E tamén penso que en Galicia un dos principais problemas son as envídias. Afectan demasiado e deberíamos mirar cada un un pouquiño máis para si e facer o seu traballo sen olvidar o interés de todos, non pensar só nun mismo. Ser máis honestos todos e mirar polo ben común e sobre todo non preocuparse polo que fai o veciño a nivel deportivo.
¿Algún plan de cambio para o futuro? ¿Nova montura, cambio de disciplina…?
No, son unha persoa que vive moito ó día e só penso no Campionato de este ano, traballar ben co equipo e teño a sorte de ter a Laboratorios Nupel conmigo e iso merece todo o esforzo posible.
Se alguén che pregunta ou che pide consello para iniciarse no mundo dos rallyes, ¿qué lle aconsellarías?
Que pense que isto é un deporte, e que o tome como tal, todo o demáis non serve de nada. Facer as cousas ben, divertirse e sendo deportivo en todo o sentido. Nada máis, despois, con esforzo e con ganas todo o mundo máis ou menos consegue o que quere. Pero xa digo que o principal e poñerlle ganas i esforzarse en facelo ben pero sin autopresionarse demasiado.
Unha mensaxe que desexes deixar para os lectores e ó público en xeral:
Agradecerlle a todo o mundo que nos apoia e nos da  ánimos, que eles son parte desto. Que sigan disfrutando dos rallyes e que todo o que se sube nun coche a correr que pensen que xa é digno de admirar e de animar. Un abrazo a tod@s!

Un saúdo.

– Sergio Vallejo Folgueira.