• 29 marzo, 2024 09:09

Seguen os problemas no turbo do Mitsubishi de Magdaleno

Abr 3, 2006

Na Fase A a proba de Ubrique, a pesar dos problemas, logrou octáva praza

Acudía o equipo de Montaña da Escudería Ourense á Suba Coiro Lexítimo de Ubrique coa esperanza de escalar posicións dentro do nacional en Grupo N, pero na Fase A a proba, disputada hoxe sábado, os problemas do turbo do Mitsubishi Lancer pilotado por Xosé María Martínez Magdaleno volveron a xurdir, impedindo que o piloto galego optase ás prazas de honra da xornada do sabado.

Desta forma, Magdaleno tan só puido logra-la octava praza da categoría de produción nunha xornada marcada polo calor e a presenza de moitos afeccionados que gozaron na primeira xornada a proba andaluza.

Non obstante o equipo traballa na mellora e reparación dos fallos detectados no motor do Lancer Evo VII, para afronta-la xornada de mañá domingo a Fase B da Suba Coiro Lexítimo-Ubrique, na que Xosé María Magdaleno agarda mellora-los cronos logrados na primeira fase da segunda cita do nacional de montaña 2006.