• 28 marzo, 2024 18:45

Santi Abad

Dic 7, 2011
:::  Entrevista con…    Santiago Abad  :::
Nome: Santiago Abad Villaverde

Data de Nacemento: 15 de agosto de 1981

Lugar de nacemento: Pontevedra

· ¿Practicas outros deportes no teu tempo libre?
 Pois a verdade e que ningún, xa que  case non  teño tempo libre e o pouco que teño adicollo a miña moza Iria. Si e certo que cando vou entrear unha proba fagoa a pé, xa que me gusta vela andando e ver pasar os coches por deteminadas curvas.

· ¿Cómo xurde todo esto de ser piloto?
Básicamente o feito de ter un taller vincúlame máis cos coches, pero principalmente foi o meu amigo Toni Pérez quen me involucrou máis nisto, empezando por facerlle os coches e acudindo ás carreiras con él, e rematando por animarme a competir.

· ¿Cómo se tomou a túa familia a decisión de participar neste deporte?
Para sorpresa miña, bastante ben, meus pais apoiaronme sempre porque vían que facía eu todo e adicaballe moitas horas aos coches, polo tanto víanme ilusionado con esta nova aventura, pero sen duda a quen máis llo agradezo é a miña moza, xa que é ela a que me daba os maiores ánimos porque sabe que consigo todo o que me propoño.

· ¿Por qué subidas e non outra modalidade como rallyes, circuitos…?
A miña filosofía foi sempre que me gustan os coches e as carreiras, pero sempre nese orde. A montaña permiteme ter o coche en bo estado, aínda que se corre menos. Por outro lado, en ralis non podería correr por falta de tempo, desfanse moito os coches ademáis de que sinceramente non me vexo correndo ralis -non descarto probar algun día-, e circuitos, pois sen circuito en Galicia non hay moito mais que falar…  .

· ¿Quén é o teu ídolo?
Ningún en concreto, creo que calquera capaz de montarse nun coche e dar máximo de sí mesmo é digno de admirar, independientemente da montura que leve.

· Se tiveses que cambiarte por un piloto de talla mundial, ¿por quén o farías?
Por calquera que estivese correndo ao máximo nivel, sexa en ralis, circuitos, etc..

· ¿Lembras a túa primeira participación en competición?
Por suposto, a verdade e que tomeino con bastante tranquilidade xa que non me xogaba nada. Tivera bastantes problemas no eixo traseiro e días despois descubrín que o problema fora porque a máquina de aliñar que tiña no taller tiña un captador fora de rango e a lectura que daba era errónea, resumindo, era inconducible.

· ¿Cál foi o coche co que debutaches?
Debutei co Renault clio v6 trophy. Era un coche que cunha inversion mínima era capaz de pelexar polos primeiros posto.

· ¿Qué coche che deixou mellores sensacións?
O clio, sen dúbida.

A pesar da mala fama que tiña, estaba convencido de que se podía facer competitivo, e así o demostrei cuns resultados máis que salientables. Agora o audi é outra historia…  .

· Na pilotaxe de cara á competición, ¿qué escollerías? ¿Tracción dianteira, traseira, ou total?
Bueno, cun dúas rodas motrices pódese batir a un 4×4 en determinadas zonas, pero sendo realistas un 4×4 é máis completo ca un dianteira ou un traseira.

· ¿Prefires competir con piso mollado ou seco?    
Co clio seco por favor!!!!

Co coche que teño actualmente adáptome ás condicións do piso, pero mellor en seco xa que podese correr de verdade.

· Para unha proba, ¿frío ou calor?
Unha cousa intermedia, pero mellor con calor xa que simplifica moito as cousas nunha carreira, alomenos para mín, xa que o primeiro que facilita e non ter que usar calentadores, que a verdade é bastante laborioso.

· ¿Espectáculo ou tempos?
Tempos.

Ao ir no límite o espectáculo soe saír só e si non sae non me preocupa.

Ás carreiras vou a correr, se quixera dar espectáculo non teria o coche que teño. Tamén decir que os pilotos que van finos e rápido non son tan queridos pola aficcion como os que derrapan e fan cousas para a galeria, pero é o que hai… .

· ¿És supersticioso? ¿Algún ritual ou costume antes de saír a competir?
Estiro os dedos e coloco ben os guantes, e ás veces falo co coche (risas…)

· ¿Chégase a pasar medo algunha vez dentro do coche?
Co clio moito, jajaja.

Co Audi non tanto, xa que avías un pouco máis que co clio, pero o medo realmente chega no momento que ves que podes dar un golpe.

· Pensando nas boas xornadas da competición, ¿qué momento resaltarías como o máis satisfactorio da túa carreira?
No persoal, sen dúbida, a hora de cear e comer cos compañeiros. No deportivo, sempre fun acadando as miñas metas, así que ese momento todavía esta por chegar.

· ¿E o momento que desexarías non ter pasado? Ese mal momento que costa esquecer e que ogallá nunca ocurrise…
Ningún, aparte de averías e accidentes como o da subida a estrada de este ano, sempre asumín que son cousas das carreiras e hai que aceptalo como son, ás veces con mellor ou peor ánimo.

· ¿Qué proba foi a que máis che gustou?
Santa Maria de Oia, é unha pena que non se faga por que e unha proba realmente bonita, tanto para pilotos como para afección.

· ¿Ónde te atopaches coa mellor afección?
En todos lados hai moi boa afección, pero hay que decir que nas probas da casa como Pontevedra e a Escusa nótase que hai maior apoio.

· ¿Nótase a calor e folgos da afección cando un vai dentro do coche co casco posto e con todo o ruido?
Non, realmente céntrome tanto na estrada que non miro nada nin nadie. A verdade, non entendo como algúns son capaces de ir rápido e saudando á xente ou falando.

· ¿Un rival?
Ninguén en concreto, todos son moi bos rivales e un non se pode confiar nunca.

· Ante a situación actual do mundo do motor, en concreto o da competición ¿cómo ves a tempada 2012?
Pois, na montaña bastante difícil. Creo que habería que buscar novas fórmulas para abaratar costes e promocionar mediante copas que pilotos con coches cativos poidan ter un aliciente para facer montaña. Alguén cun Peugeot 205 rally, por exemplo (sin desmerecer o coche nin o piloto) non pode optar a nada facendo montaña, e este é un dos motivos polo que moita xente con coches de menor potencial non sigan o campionato.


· ¿Cáles son os obxectivos para este próximo ano?
Ir superando os obxetivos que me marque carreira a carreira pero nunca nada a longo prazo.

· ¿Cómo ves o nivel da competición actual? ¿Cómo valorarías os niveis actuais organizativos, de repercusión, de difusión, publicidade, etc.?
Penso que en Galicia temos moitos pilotos cun bo nivel e moita proxección de futuro, pero esto vai sempre ligado cun grande custo económico e sen repercusion mediática poucas empresas se animan a facer un proxecto de patrocinio custoso, e menos aínda se é a nivel nacional, porque de pouco lle vai valer a unha cafetería expoñer a súa publicidade a centos de kilómetros do seu negocio. Penso que é un problema de base, e mentres os medios, sobre todo os televisivos, non se involucren… pouco se poderá facer.

A nivel organizativo, a pesar das críticas que se ven despois de cada carreira, penso que somos a envexa do resto das comunidades autónomas, e tres probas do nacional de ralis falan por si solas.

· ¿Qué cambiarías ou qué intentarías mellorar ao respecto?
Intentaría involucrar máis á televisión. O feito de que unha publicidade se poida ver gratis nunha canle de televisión mediante un programa especializado e un gran aliciente para calquer patrocinado.

· ¿Cómo ves o estado actual das subidas a nivel galego  e nacional?
Creo que se debería facer un calendario cun máximo de 10 carreiras e poder facer descartes en vez de que sumen tódalas probas. Non todo o mundo se pode permitir acudir a tódalas probas polos diferentes motivos que sexan, ademáis, o sistema actual axuda a que moitos pilotos non sigan o campionato, non se animen a comenzalo ou abandonen a metade por non ter opcions a nada. A nivel nacional só decir que para alguén coma mín é inviable, xa que sen premios en metálico… nin gañando sae rentable. En cambio, en Galicia, moitos pilotos fan coma mín e usan o premio dunha carreira para poder acudir á seguinte e conter gastos.

· ¿Seguiremos disfrutando durante moitos anos vendo o teu nome nas listas de inscritos?
Espero que sí, aínda que non confirmo nada xa que a vida da moitas volta.

· ¿Algún plan de cambio para o futuro? ¿Nova montura, cambio de disciplina…?
Nun principio todo seguirá igual, intentaremos facer algunha proba fora de Galicia se o presuposto o permite e non cambiaremos nin de disciplina nin de coche, o cal todavía teño moito do que aprender.

· ¿Cál é o soño que aínda non acadache en competición?
De momento cumplín todos, non me propoño grandes metas, son bastante realista neste sentido.

· Si alguén che pregunta ou che pide consello para iniciarse no mundo da competición, ¿qué lle aconsellarías?
Pois diríalle que o pense ben, xa que é máis difícil deixalo ca empezar. Que escolla ben a modalidade na que quere competir e se durme coa conciencia tranquila que lle de para diante e trate de superarse sempre asi mesmo independientemente da disciplina ou do coche co que compita.

Unha mensaxe que desexes deixarlle aos lectores e público en xeral:
Que sigan disfrutando das carreiras, e se teñen a oportunidade de vivir este mundillo dende dentro dun equipo, sexa de asistencia, copiloto, piloto, etc,… que non dubiden en facelo, xa que levaran unha gran sorpresa ao ver como cambiará a súa maneira de pensar e de vivir as carreiras.

Un saúdo.
-Santiago Abad.