RALLYE de CANARIAS

A punto de arrincar

O Rallye de Canarias – Trofeo O Corte Inglés arrincará en poucas horas, da cidade das Palmas. Suporá a segunda proba do Campionato de España 2006, e ó ser tamén puntuable para a Copa de Europa de Rallyes, disputarase en dúas xornadas, venres e sábado, constando de seis tramos cronometrados diferentes, que se realizarán en varias ocasións, totalizando un total de 186 quilómetros cronometrados.

Para Alberto Hevia, será o re-encontro co Peugeot 206 S1600, tras o Rallye A Vila Joiosa, no que tras un tras uns tramos iniciais de adaptación e logrando uns cronos notables, ó final a proba, diversos problemas e un pinchazo non lle permitiron subir da sexta praza.

Co número 2 nas súas portas, o Peugeot 206 S1600 realizou na mañá de hoxe próbalas técnicas, e partirá mañá co obxectivo da vitoria. Tras realiza-lo shakedown, Alberto Hevia amosábase contento e con moitas gañas:"Traballamos nos reglaxes para estas estradas. O shakedown quedóusenos un pouco curto, porque facía máis dun mes que non tocabámo-lo coche, pero teño moitas gañas de facer un bo rallye de Canarias, trala mala sorte dos últimos anos. Creo que con este coche e este equipo, que xa sabe o que é gañar aquí, lo imo facer ben".

Sobre Ruben 4447 Artículos
Webmaster de www.Gzrally.com desde 2003. Apasionado del motor y la fotografía.

Sé el primero en comentar

Deja un comentario