RALLYE de CANARIAS Primeira etapa: Excelente segundo posto

O Rallye de Canarias – Trofeo O Corte Inglés arrincou ás oito da mañá da Praza de Santa Catalina, nas Palmas. Nove tramos cronometrados foron testemuñas dunha loita sen tregua entre os máximos candidatos ó título nacional.

Alberto Hevia e Alberto Igrexas, saían marcando un ritmo constante sen asumir excesivos riscos, para ir tomando o pulso ó Peugeot 206 S1600. Conseguindo a segunda praza nos tres primeiros tramos, tan só catorce segundos separábanlle da primeira posición. Por detrás, os Renault Clio de Fuster e Vallejo, estaban a tres e seis segundos, respectivamente.

Na segunda voltada polos tramos, de novo o Peugeot volvía a ser segundo nos tres tramos, pero cunha diferenza moito menor con respecto ó líder, de tan só cinco segundos nos tres tramos e aumentando notablemente a diferenza cos perseguidores.

Para o terceiro bucle, os asturianos variaron os reglaxes e conseguiron a vitoria no tramo 7, e de novo ser segundos no 8, rematando a etapa tras o Citroën C2 S1600.

Para a xornada do sábado, agárdanlles seis tramos cronometrados, nos que tentarán reduci-la vantaxe e alcanza-la vitoria, aínda sen asumir riscos innecesarios que poidan facer periga-la excelente segunda posición.

Sobre Ruben 4477 Artículos
Webmaster de www.Gzrally.com desde 2003. Apasionado del motor y la fotografía.

Sé el primero en comentar

Deja un comentario