Os irmáns Vallejo no XXX Rallye de Canarias

O equipo de Escudería Ourense ocupa a cuarta praza do Campionato de España de Rallyes 2006 trala celebración do Rallye A vin Joiosa.

Volve a escena a emoción do Campionato de España de Rallyes de Asfalto, coa celebración o próximo fin de semana do 30 Rallye de Canarias cita puntuable tamén para o Campionato de Europa de Rallyes ó que acoden os principais equipos que seguen o certame nacional destacando entre eles o formado polos irmáns Sergio e Digo Vallejo a bordo do Renault Clìo S1600 de Escudería Ourense.

O equipo galego ocupa a cuarta praza do campionato estrela do automovilismo español, trala celebración do Rallye A Vila Joiosa en terras alicantinas o pasado mes de marzo, cita na que Sergio Vallejo estreaba un novedoso Renault Clìo S1600 ó que se adaptaba perfectamente a proba levantina.

E agora, no 30 Rallye de Canarias, o equipo formado polos irmáns Vallejo agarda obter un bo resultado co que seguir sumando puntos nun campionato difícil e complicado como o é o español.

O Rallye de Canarias dispútase en dúas etapas dado o seu carácter europeo, así o tramo de proba ou "Shakedown" ten lugar o xoves 27 entre as 09:00 e 10:30 horas, para se celebra-la Cerimonia de Saída o mesmo día ás 21:00 horas. O venres 28, ás 08:00 horas ten lugar a saída a proba, enfrontandose os pilotos a unha primeira sección con tres especiais: "Valleseco" (15,63 kms.), "Tejeda" (10,31 kms.) e "Pozo das Neves" (11:30 kms.), as mesmas especiais que compoñen a segunda e terceira sección na mesma xornada.

O sábado 29 de abril, ás 09:00 horas toma de novo a saída a caravana que compón o Rallye de Canarias 2006 para disputa-la 4ª e 5ª sección que encerra as especiais de "Telde" (11,31 kms.), "Ayacata" (10,26 kms.) e "Artenara" que con 15,88 kms. pon punto e final a proba.

Unha cita pois, o Rallye de Canarias, de suma importancia no Campionato de España de Rallyes de Asfalto 2006 na que o equipo dos irmáns Vallejo co Renault Clìou S1600 son uns dos máximos animadores.

Sobre Ruben 4477 Artículos
Webmaster de www.Gzrally.com desde 2003. Apasionado del motor y la fotografía.

Sé el primero en comentar

Deja un comentario