• 28 marzo, 2024 17:49

Ó piloto lucense rompíalle o motor cando pelexaba pola primeira praza con Martín

Abr 3, 2006

 

Luis Vilariño: "Podemos estar moi arriba no Campeonato Galego esta temporada."

 

O Campeonato Galego de rallyes daba comezo o pasado sábado, ca disputa en Lalín da primeira cita da temporada, o "Rallye do Cocido". Un dos protagonistas do parque era Luis Vilariño, na primeira participación do lucense esta temporada co imponente Renault Clio Super 1600

 

O piloto de Palas, non obstante, perdía algo de tempo na primeira especial do rallye ó non acertar coa elección de neumáticos: "Pensei que o asfalto estaba empezando a se secar e arrisqueime saíndo con catro rodas de seco, algo que non fixo ningún dos meus rivais. O tramo de Rodeiro estaba moi sucio e cedín uns catorce segundos respecto a Barreiro."

 

Para a seguinte cronometrada, xa co calzado adecuado no Clio patrocinado por "Antalsis", "Madeiras Gómez Se oren" e "Grupo SCR", a cousa sería diferente: "No tramo de Saborida quedeime a só unha décima de segundo do mellor crono, e pasei a ocupa-la segunda posición na xeral do rallye." "Ademais – engade Moncho López, o copiloto de Vilariño – Martínez Barreiro penalizou 30 segundos no parque de traballo posterior, polo que esa situación situábanos como líderes provisionais a proba."

 

Desafortunadamente, un problema nunha válvula deixaba fóra de servizo o motor do Clio Super 1600, tendo que abandona-lo rallye. A pesar diso, Vilariño alberga grandes esperanzas para esta recen iniciada temporada: "Podemos estar arriba, e son optimista de cara a próximas citas, para as que disporemos dunha nova evolución de motor que nos dará algúns cabalos extra. En calqueira caso, o prioritario agora mesmo é lograr un resultado, xa que de momento arrincamos cun cero no noso casilleiro particular."

 

A próxima cita do Campeonato disputarase o 21 e 22 de Abril en Noia.

Máis info en: www.luisvilarino.com