O “NINFAS TEAM” NO RALLYE DE NOIA

A segunda cita do Campionato de Galicia de Rallyes 2006 ten lugar o vindeiro fin de semana, concretamente o sábado 22 de abril na localidade coruñesa de Noia coa celebración do XXII Rallye Ría de Noia, un dos clásicos xa do certame autonómico.

E como non podía ser menos, a cita de Noia acode o NINFAS TEAM coa esperanza de comeza-la tempada en mellores condicións que as do pasado Rallye do cocido en Lalín, onde "Chelís" Gómez e Marcos Mares víanse obrigados ó abandono tras unha lixeira saída de estrada na que a rotura do radiador impedíralles seguir en carreira.

Ilusión é a palabra perfecta para defini-lo estado de ánimo do NINFAS TEAM ante a cita de Noia, e é que o cuarto mellor crono da xeral conseguido no primeiro tramo do Rallye do Cocido a pesar de percorrer dous quilómetros do tramo cunha roda pinchada, fai que se vexan as posibilidades de "Chelís" Gómez co novo Mitsubishi Lancer Evo IX de RMC Sport.
"O coche xa está listo e revisado para afronta-lo Ría de Noia con tódalas garantías, e despois do traspés de Lalín estamos contentos co novo coche e cremos que capacitados para estar arriba da proba. O importante agora é seguir nos afacendo a un coche que é bastante diferente ó Evo VI da tempada anterior e poder conseguir un bo resultado neste rallye para llo ofrecer ó sponsor e ós afeccionados que tanto apoio nos bríndan" comenta "Chelís" Gómez ante a cita do vindeiro fin de semana.

O Rallye Ría de Noia comezará coas verificacións na tarde do venres 21, concretamente dende as 19:00 horas na explanada do Campo de Fútbol de San Lázaro, para disputa-los tramos cronometrados na xornada do sábado 22, dende as oito e media da mañá e ata as nove menos cuarto da tarde.

En total son 359,800 km. de percorrido dos que 109,200 son cronometrados, divididos nas especiais de "San Finx" (12,950 km.), "Cubelo" (10,500 km.) en dúas pasadas e "Outes-Freixo" (16,100 km.) e "Montemuíño" (15,050 km.)

Sobre Ruben 4459 Artículos
Webmaster de www.Gzrally.com desde 2003. Apasionado del motor y la fotografía.

Sé el primero en comentar

Deja un comentario