Jose M. Martínez Barreiro “Bamarti”

Nome: Jose Miguel Martínez Barreiro
Data  de Nacemento: 2 – 11 – 1970
Lugar de nacemento: A Estrada (Pontevedra)
Outros deportes no tempo libre: Pouco tempo libre podo disfrutar, pero os que máis, saír a correr, ben sexa atletismo ou bici.


¿Coñeces www.gzrally.com?
Si, si que a coñezo, aínda que un non ten tempo a moverse por todo.

¿Cómo xurdíu todo esto dos rallyes?
Pois, eu creo que nacín xa con esto. Dende pequeno con 6 anos comencei a conducir e supoño que foi unha cousa que levei xa dentro, imaxínome.

¿Cómo se tomou a túa familia a decisión de participar neste deporte?
A verdade e que ben, ó principio cun pouco de medo, pero despois foron coñecendo o deporte e máis ou menos ben. Se estou correndo é grazas a eles, que son os primeiros en apoiarme, e sempre estiveron ahí dende o primeiro momento axudándome e apoiando a miña ilusión.

¿Por qué rallyes e non outra modalidade? Bueno, por que para min os rallyes son a satisfacción máxima. Podes correr en terra, auga, cruces, carreteras anchas ou estreitas… , é unha cousa que xunta todo. Os rallyes son o cúmio de todo.

¿Quén é o teu ídolo? Carlos Sainz. Sempre Sainz! Tanto por piloto, como por persoa.

Se tiveses que cambiarte por un piloto do mundial, ¿por quén o farías? Loeb. É un gran piloto e queda claro que o tío ten “algo”.

¿Lembras o teu primeiro rallye?

Por suposto, é unha cousa que nunca se olvida, foi unha cousa moi especial, o poder cumplir un soño, estar ahí no rallye. Foi un rallye do Albariño, que no primeiro treito marcaramos un 6º Scratch, no segundo treito un 8º Scratch, e no terceiro treito rompeunos una mangueta e quedamos alí tirados.

¿Cál foi o coche co que debutaches?

Un Citroën AX GT, non corría moito, pero cumplía,que fixo que acabaramos case tódalas carreiras. (risas…)

¿Qué coche che deixou mellores sensacions?

O Mitsubishi. Aínda que era un coche que pesaba moito era unha maravilla velo saír.

Na pilotaxe de cara á competición, ¿qué escollerías? ¿Tracción dianteira, traseira, ou total?

Cada un ten as súas cualidades, os dianteira son moi rápidos e os traseira tamén, pero para Galicia o ideal é un tracción total. Pero un tracción total para que sexa competitivo tes que ter moito diñeiro invertido nel, e daquela sen dúbida o perfecto sería un WRC, que o ten todo. Pero iso é un soño e faría emocionarnos, pero bueno, non nos podemos queixar.

Moitos son os que botan de menos os anos nos que facias as delicias dos siareiros cando pasabas co Mistubishi. Arrepínteste de comprar o 306 Maxi e deixar o EVO ?

Non, para nada. O 306 é un coche que corre moitísimo, pero a xente soe estar a maioría nos cruces, e claro, o coche non ofrece o mesmo espectáculo que daba o Mitsubishi, non che permite ir de lado como podías ir no EVO, pero eu recoméndolle a toda a xente que vaia a zonas rápidas e vexa o 306, que vaia a unha zona de 5ª ou de 6ª, que eu creo que quita o hipo velo pasar.

Moita xente polas cunetas quere volver a ver a Bamarti pilotando un EVO. ¿Cres que algunha vez volverá a verse iso?
Volver con un EVO? Pois non se descarta, pero con tal de poder correr, corro cun 306, corro cun EVO ou con calquera cousa… Con tal de correr, daríame igual.

¿Prefires competir con piso mollado ou seco?  
Particularmente prefiro en mollado, o que pasa e que actualmente con este coche é preferible en seco porque perdería moitas prestacións, polo que agora mesmo prefiro correr en seco, pero gustar gustame máis en mollado.

Para un rallye, ¿frío ou calor?
Calor. Para un rallye se pode ser, calor.

¿Espectáculo ou tempos?
Eu creo que non ten por que ir reñida unha cousa cá outra. Cando corría co Mitsubishi non ía a facer espectáculo, ía a facer tempos, pero hai coches que se vas rápido o espectáculo sae por si só. Pero hai que facer de todo, por que a xente que está na cuneta ben o merece. Pero como digo, se un vai rápido o espectáculo sae solo.

¿Es supersticioso? ¿Algún ritual ou costume antes de saír a competir?
No, ningún. Gracias a dios non.

¿Entón non eres dos que poñen un guante antes que outro ou cousas desas non?
Nada, non poño nada, o único que poño e fé. Fé e nada máis. (risas…)

Pensando nas boas xornadas da competición, ¿qué momento resaltarías como o máis satisfactorio da túa carreira?
Tódalas victorias que conseguín, pero un dos momentos máis especiais foi gañar o Rallye do Albariño, por que durante catro anos por unha cousa ou por outra escapábase, e sempre quedaba esa espiña ahí de non gáñalo e  polo tanto foi o rallye que máis satisfacción me dou ó conseguilo.

¿E o momento que desexarías no ter pasado? Ese mal momento que costa esquecer e que ogallá nunca ocurrirá..
Os peores momentos sempre son os accidentes, pero creo que o peor foi na Subida a Cerdedo, por un erro que me enganara nunha curva, saírame, e alí rompín o Mitsubishi. Foi un momento moi duro.

¿Qué treito de rallyes foi o que máis che gustou?
Non sabría cal  dicir, por que un adaptase logo a un treito ben sexa estreito ou ancho, curto ou longo e por iso é moi complicado elexir un.

¿Ónde te atopaches coa mellor afección?
Coa da comunidade  Galega en xeral, vaias onde vaias sempre hai xente en calquer sitio. Ata diría que se trata da máis entendida de España.

¿Un rival?
Senra. Poder correr contra él e poder ganarlle foi unha honra para min. Sempre foi un piloto moi rápido e fíxome correr ó límite. Gracias a él aprendín a aguanta-la presión e ir rápido.

Ante a situación actual do mundo do motor, en concreto o da competición ¿cómo ves a tempada 2009?
Pois hai que agardar a ver como comeneza todo, tanto a niveis de coches como de forzas, xa que de momento é moi pronto aínda para decir nada.

¿Ves algún piloto superior ós demáis e con maior número de posibilidades de levarse o campionato?
Non. Eu confío en que nós estemos ahí, de non facelo sería absurdo xa o proporse nada. Confío no meu copiloto e no meu equipo e agardamos estar arriba, pero o principal é confiar en nós.

¿Cáles son os obxectivos do equipo para este ano?
Conseguir o campionato. Despóis ó mellor rematamos últimos, pero xa veremos o que pasa.

¿Cómo ves o nivel da competición actual? ¿Cómo os valorarías a niveis organizativos, de repercusión, de difusión, publicidade, etc.?
Eu creo que a nivel de organización Galicia non esta nada mal. A nivel de público é impresionante, e unha cousa vai asociada coa outra. E o nivel dos medios de comunicación seguimos aínda sen moita repercusión.

¿Qué cambiarías ou que intentarías mellorar ó respecto?
Sempre se pode mellorar todo, dende o afeccionado, ó piloto ou ó organizador, sempre  todo é mellorable, pero sobre todo melloraría a difusión dos medios. Cantos máis medios haxa neste deporte mellor publicidade terá e máis fácil será que todos sexan máis profesionais e vaian máis preparados ás carreiras.

¿Seguiremos disfrutando durante moitos anos vendo o teu nome nas listas de inscritos?
Esperemos que si. Teño a mesma ilusión que o primeiro día e mentres non se acabe a ilusión estarei ahí.

¿Algún plan de cambio para o futuro? ¿Nova montura, cambio de disciplina…?
Non, en principio non. Correr un nacional é imposible polo tema económico para min, e bueno, poder  facer algunha cousa solta como fixemos probas do mundial ou carreiras asi non se descarta, pero de momento seguir aquí  no meu campionato do mundo que é en Galicia e dando todo o que temos dentro.

Si alguén che pregunta ou che pide consello para iniciarse no mundo dos rallyes, ¿qué lle aconsellarías?
Eu diríalle que a todo o que lle guste correr que o faga nas carreiras. Que é un deporte difícil, duro e costoso, pero que é o mellor sitio para correr e practicar este deporte  se che gusta,  sen asumir riscos, tanto para él como para os demáis.

Unha mensaxe que desexes deixar para os lectores e ó público en xeral:
Pois animar a toda esa xente a que siga ahí nas cunetas, que son os que fan posible todo isto. Nós poñemos o noso gran para que este deporte siga adiante, pero son sobre todo eles porque tamén sufren estando ahí con auga, frío ou calor e ben que se merecen un aplauso.

Por último darlles as gracias a todos os que nos apoian dende as cunetas, que son os que nos dan forzas, e intentaremos facer disfrutar a todo o mundo.

Moitas grazas a todos.

Un saúdo.

Jose Miguel Martinez Barreiro – “Bamarti”.

Sobre Ruben 4439 Artículos
Webmaster de www.Gzrally.com desde 2003. Apasionado del motor y la fotografía.

Sé el primero en comentar

Deja un comentario