• 19 abril, 2024 04:59

II Fórmula Rallye do Cocido ·· ii O sábado 14 todos en Lalín !!

Feb 11, 2009

II FORMULA RALLYE DO COCIDO

      Xa quedan apenas horas para que milleiros de aficionados teñan a oportunidade de asistir a un dos eventos do motor máis importante de Galicia.
      O vindeiro sábado a partires das 15:00 horas dará comezo, no Polígono Industrial Lalín 2000 un espectáculo ininterrumpido de maestros do volante, que farán vibrar a tódolos presentes.

II Fórmula Rallye do Cocido

iii O sábado 14 todos en Lalín !!!

     Xa quedan apenas horas para que milleiros de aficionados teñan a oportunidade de asistir a un dos eventos do motor máis importante de Galicia.

     O vindeiro sábado a partires das 15:00 horas dará comezo, no Polígono Industrial Lalín 2000 un espectáculo ininterrumpido de maestros do volante, que farán vibrar a tódolos presentes.

    

     Desenrolo:

     Cada concursante dará unha volta de recoñecemento para posteriormente competir, en todo momento saberemos quen está ó volante do vehículo xa que este levará unha placa co correspondente nome do piloto.
  
     Entón veremos a cada un dos pilotos en dúas ocasións excepto a Gigi Galli. O transalpino correrá a súa correspondente manga, posteriormente, aproximadamente no ecuador da proba, deleitaranos cunha exhibición a bordo dun Kart-cross.
     Para rematar o evento, de novo Galli, a bordo dun Mitsubishi Lancer Evo demostraranos o que é capaz de facer a bordo do vehículo dos tres diamantes, e así dar por rematado o II Formula Rallye do Cocido.

     Entrevista a Gigi Galli:
   
     O vindeiro xoves día 13 a partires das 13:30 en Radio Lalín, 106.8 FM, ou en www.radiolalin.com, pódese seguir en directo unha entrevista ó piloto italiano, que estará presente dous días despois en Lalín.

     Circuito:

     O circuito deseñado para a ocasión ten arredor de 700 metros de percorrido por volta; contará con zonas lentas, rápidas, curvas enlazadas, frenadas, algunha rotonda e un salto no que poderemos ver quen é o máis valente.

Comunicado de Prensa  l  II Fórmula Rallye do Cocido