• 28 marzo, 2024 20:18

Grille Competición. Previo Rally do Cocido

Mar 30, 2006

Esta fin de semana dispútase na Comarca do Deza o XI Rally do Cocido; primeira proba puntuable para o Campionato Galego de Rallys 2006.
Por iso, o equipo Grille Competición, formado por Javier Ramos Grille e Álvaro Corzón (piloto e copiloto) levan meses de preparación, adestramentos e posta a punto do seu vehículo: un Renault 5 GT Turbo, coñecido no ambiente racing como “A Leiteira” pola publicidade do seu maior patrocinador: Leite Xoven, que sairá á venda en toda España coincidindo en datas coa celebración deste rally.

Fotografia Martiño de Lopo

Segundo as palabras de Javier, máis coñecido polo seu segundo apelido: Grille “nesta tempada pretendemos pelexar polos postos máis altos da nosa categoría, o grupo X, e, sempre que sexa posible estar loitando cos 15 pilotos máis rápidos de cada rally”
A fin de semana pasada, Grille e Corzón adestraron o rally, que, para o equipo é “un rally moi complicado, xa que é o primeiro da tempada, y además asisten moitos equipos con coches punteiros. Vai ser difícil estar entre os primeiros, pero habémolo intentar”
O copiloto, Álvaro Corzón, fai fincapé nas previsións meteorolóxicas que “non auguran un bo tempo, o que dificultará moitísimo a carreira, xa que con chuvia nunca se sabe se vale máis atacar ou agardar os fallos dos rivais”