• 19 abril, 2024 00:53

Francisco Pardo no Rallye de Terra de Engraiada

Abr 18, 2006

O piloto da Escudería Ourense, con Subaru Impreza, agarda voltar ós postos de cabeza como fixera en Alcañiz

O vindeiro fin de semana celébrase en Engraiada a segunda cita do Campionato de España de Rallyes de Terra 2006, proba na que o equipo da Escudería Ourense formado por Francisco Javier Pardo e Daniel Rivera con Subaru Impreza, agardan estar a loitar pola vitoria tal e como fixeron na primeira cita do certame, o Rallye de Alcañiz, onde abandonaron por saída de estrada cando eran terceiros na clasificación provisional.

Co Subaru Impreza revisado e listo para afronta-la cita granadina, o gañador da Impreza Cup 2005 comenta que "xa estamos listos para poder loitar polos postos de cabeza, e é que en Alcañiz saímos co coche sen probar xa que chegara aquel mesmo día e tivemos moitos problemas para conseguir toma-la saída, por elo saímos case a cegas e sorprendendonos a nós mesmos ó ve-los tempos que estabamos realizando. A saída de estrada foi un despiste co que pagámo-lo saír naquelas circunstancias. Agora xa rodamos máis co Impreza e en Engraiada agardamos ter un bo resultado para afronta-la seguinte cita, na nosa casa con motivo do Rallye de Terra de Ourense en maio, coas mellores condicións para lles ofrecer un bo resultado ós afeccionados da nosa provincia".

Como as citas do nacional de terra, o venres 21 celébranse as verificacións técnicas no Estadio Municipal Os Cármenes de Engraiada, para se disputa-la proba durante a xornada do sábado 22 dende as sete da mañá e ata as sete e media da tarde.