Comunicado Grille Competicion

Nesta fin de semana recén rematada, o equipo Grille Competición, formado por Javier Ramos Grille e Álvaro Corzón fixo os recoñecementos previos ó Rally do Albariño 2006.
Esta decimoquinta edición presenta 6 treitos cronometrados diferentes, dos que 5 serán a dobre pasada; percorrendo un total de 403,94 km, dos que 98,96 serán contra o reloxo.
O rally do Albariño foi desde sempre unha carreira na que prima a fiabilidade da mecánica debido ós moitos quilómetros a realizar e as altas temperaturas que se rexistran nesta época do ano.

Dado o número de tramos, e a distancia que hai entre os mesmos, o equipo Grille Competición tivo que realizar os recoñecementos dos treitos (este ano limitados a tres pasadas por cada un) durante o sábado 13 e o domingo 14.
Para Javier Ramos Grille, o piloto, este é un rally moi interesante, con tramos moi rápidos e un asfalto con bo agarre. “Para esta carreira será determinante ter un vehículo realmente veloz, que dea aproveitado o trazado dos treitos que, como é lóxico, facilitarán o traballo ós que conten cos vehículos máis potentes. Por iso nós sabemos que nesta carreira teremos máis difícil do xa habitual para chegar ó podio do Grupo X coa nosa Leiteira.” (como é coñecido o seu Renault 5 GT Turbo polos afeccionados, debido á publicidade de Leite e Queixos Xoven)
Álvaro Corzón, o copiloto, coméntanos que “o máis duro desta carreira son as altas temperaturas que se rexistran no interior do vehículo. Correr no mes de maio no sur de Galicia ten estes atrancos”

Como en tódalas carreiras, sempre hai problemas previos, neste caso por un corte que o piloto ten nun dedo da man dereita, que se ben se espera que estea perfectamente curado para o día da carreira, os seus nove puntos de sutura crearon moitos problemas á hora de adestrar.
O equipo Grille Competición quixera aproveitar este comunicado para desexar un bo rally a tódolos membros da organización, participantes e público; e solicitar a estes últimos a súa colaboración para que os rallys de Galicia sigan sendo os que contan con máis e mellores afeccionados nas cunetas de toda España.

Patrocinan a Grille Competición
Leite e Queixos Xoven, Desguaces Herbón, Xtrem Energy Drink, Arquisip, Martiño de Lopo Fotografía e Vídeo, Viales Santa María, Ausavil, Construcciones Constantino Pazos, Renault Caeiro S.A.

Sobre Ruben 4481 Artículos

Webmaster de www.Gzrally.com desde 2003. Apasionado del motor y la fotografía.

Sé el primero en comentar

Deja un comentario