ABANDONO DO ‘NINFAS TEAM’ NO RALLYE DO COCIDO

ABANDONO DO "NINFAS TEAM" NO RALLYE DO COCIDO

Comezaba o autonómico de rallyes 2006 co Rallye do Cocido en Lalín, cita á que acudía o NINFAS TEAM con "Chelís" Gómez e Marcos Mares no novo Mitsubishi Lancer Evo IX de RMC Sport. Na primeira especial lograban o cuarto mellor tempo dunha proba que se presentaba complicada pola chuvia, pero unha lixeira saída de estrada obrigaba ó abandono do equipo.

E é que esa lixeira saída provocaba a rotura do radiador do Lancer o que fixo que "Chelís" Gómez optase por non continuar en carreira ante o elevado risco que o coche podería sufrir. "Foi unha saída lixeira, iamos moi despacio, a corenta ou cincuenta kilómetros por hora, pero tocamos cunha pedra e o coche empezou a botar vapor e ante o risco de poder dana-lo motor do Lancer se seguiamos adiante, e ó tratarse da primeira proba da temporada optamos por abandonar", dicía "Chelís" Gómez pouco despois do incidente.

Non obstante, o equipo está satisfeito co novo coche. "Vai moi ben, fixémo-lo cuarto mellor crono na primeira especial coa magnífica inscrición que había en Lalín, pero as cousas son así e gracias que non foi moito o acontecido, pero como lle faltan algunhas cousas aínda por facer optamos por levalo de novo ó preparador para repara-lo radiador e rematalo, de forma que no Rallye Ría de Noia que se celebra dentro de dúas semanas teñámo-lo Mitsubishi Lancer listo para correr xa definitivamente".

Desta forma, a seguinte cita do Campionato de Galicia de Rallyes, o mencionado Ría de Noia, será de novo o escenario no que o NINFAS TEAM faga acto de presencia, para dar paso a uns meses de maio e xuño onde o equipo está traballando para poder estar presente tamén nas probas do nacional que se disputan na nosa comunidade.

Sobre Ruben 4448 Artículos
Webmaster de www.Gzrally.com desde 2003. Apasionado del motor y la fotografía.

Sé el primero en comentar

Deja un comentario