A electrónica segue xogando á contra de Magdaleno

O ourensano percorreu os derradeiros metros en Ubrique co coche apagado
Non puido ser. E a pesar de que se fixo o imposible por que a xestión electrónica do Mitsubishi Lancer Evo VII da Escudería Ourense funcionase mellor, as "meigas" da centralita impediron que Xosé María Martínez Magdaleno loitase polos postos de honra na Suba Coiro Lexítimo-Ubrique disputada este fin de semana.

E é que se xa onte -na xornada sabatina- non se pasaba dun octavo posto no Grupo N e traballábase a fondo para soluciona-los problemas, na Fase B a proba disputada hoxe domingo os problemas de xestión electrónica fixeron de novo acto de presenza chegando incluso a se apaga-lo coche nos metros finais do trazado de Ubrique tendo que traspasa-la liña de meta co coche apagado, non podendo marcar máis que un crono de 02:57:712, sete segundos superior ó de onte sábado, se situando a prostre na novena praza do Grupo N.

Dúas probas pois (Trasierra e Ubrique) nas que foi imposible para Xosé María Magdaleno o loitar polos postos de cabeza, pero o equipo ten claro xa que na seguinte cita, a Suba a Totana que os vindeiros días 29 e 30 de abril ten lugar en terras murcianas, o Mitsubishi Lancer Evo VII estará xa en plenas condicións para afronta-lo Campeonato de España de Montaña 2006.

Sobre Ruben 4447 Artículos
Webmaster de www.Gzrally.com desde 2003. Apasionado del motor y la fotografía.

Sé el primero en comentar

Deja un comentario